xoves, 18 de decembro de 2014

ADOLF CHRISTIAN

Adolf Christian naceu en Viena o 3 de xuño de 1934. Faleceu aos 65 anos en Viena o 8 de xullo de 1999. 
Foi o único ciclista profesional austriaco, en subirse ao podio do Tour de Francia (3º na edición de 1957), ata que en 2008 Bernhard Kohl tamén ocupou esa terceira posición.
Profesional de 1954 a 1962.
TRIUNFOS: 1954, vencedor da Viena-Rabenstein-Gresten-Viena, Campión de Austria en ruta e vencedor da Volta a Austria, máis unha etapa.
1955, vencedor de dúas etapas da Volta a Austria e dunha etapa da Viena-Rabenstein-Gresten-Viena.
1956, vencedor da Viena-Rabenstein-Gresten-Viena, Campión de Austria en ruta e vencedor dunha etapa da Volta a Austria.
1962, vencedor dunha etapa da Volta a Austria.
Outros resultados dignos de mención: 1957, terceiro na clasificación xeral final do Tour de Francia.
EQUIPOS:1957-1958 Carpano-Coppi. 1959-1960, Ignis. 1961-1962, Cynar-Mittelholzer .

Ningún comentario:

Publicar un comentario