xoves, 22 de xaneiro de 2015

DAMIANO CUNEGO

Damiano Cunego alcumado o Pequeno Príncipe naceu o 19 de setembro de 1981 en Cerro Veronese, Verona (Italia).
Ciclista italiano cuxa especialidade son as etapas de alta montaña e as clásicas.
Debutou como profesional no ano 2002, onde non destacou en exceso debido á súa mocidade. Malia iso conseguiu impoñerse en dúas clásicas italianas de pouco nivel: o Xiro d´Ouro e o Xiro do Medio Brenda. Ao ano seguinte seguiu progresando e debutou no Xiro de Italia, quedando no posto 34º logo de traballar para Gilberto Simoni. Ese mesmo ano logrou impoñerse na Volta ao Lago Qinghai, máis unha etapa.
A tempada 2004 significou a súa explosión como ciclista. Na primavera dese ano conseguiu algunhas vitorias menores e o Xiro do Trentino, onde se impuxo en dúas etapas. Ademais foi 6º na Klasika Primavera, onde atacou xunto ao seu líder, estando tamén cos mellores na Volta ao País Vasco, chegando ao Xiro de Italia onde deu unha auténtica demostración de poderío, gañando catro etapas e a xeral final por diante de Serguei Gontchar e Gilberto Simoni. Un triunfo con polémica, xa que ao seu compañeiro Gilberto Simoni non lle sentou ben o éxito do seu compañeiro e acusouno de ser un ignorante e un bastardo.
Despois do Xiro tomouse un descanso para preparar o Mundial de Ruta que se corría na súa casa, Verona. Como preparación dese Mundial decidiu correr a Volta a España, onde non se lle viu demasiado, quedando 16º na xeral final. Presentouse no Mundial onde tivo que recoller o papel de líder xunto a Iván Basso debido á lesión de Paolo Bettini. Na última ascensión a Torricele xunto con Basso lanzaron un ataque ao que se uniron Óscar Freire, Alejandro Valeverde, Michael Boogerd e Stuart O´Grady pero foron cazados por un gran grupo onde se impuxo ao sprint Óscar Freire, Cunego terminou 9º. Semans máis tarde impúxose a Michael Boogerd e Ivan Basso no Xiro de Lombardía.
Terminou a tempada como número uno do Ranking UCI por diante do seu compatriota Paolo Bettini, ao que avantaxou por só 6 puntos. Quedando 2º na Bicicleta de Ouro por detrás de Lance  Armstrong.
2005 tiña que ser o ano da súa confirmación, na súa programación para a tempada estaba revalidar o seu triunfo no Xiro e debutar no Tour de Francia.
A tempada comezouna máis tranquilo que a anterior, sendo os seus mellores resultados o 2º posto no Tour de Romandía onde se impuxo nunha etapa, o 2º posto na Klasika Primavera, 3º na Volta a Murcia, 3º na Settimana Coppi-Bartali e o 7º posto na Volta ao País Vasco. 
Tras estes resultados chegaba ao Xiro como máximo favorito, pero non atopou o golpe de pedal do ano anterior, quedando eliminado da loita polo triunfo na primeira etapa dos Dolomitas. Quedando nun pobre 18º posto na clasificación xeral final. O resto do ano logrou algún triunfo como a Japan Cup.
O 2006 enfocouno de novo ao Xiro de Italia e a coñecer o Tour de Francia que non o puido correr o ano anterior. Comezou a tempada impoñéndose na Settimana Coppi-Bartali, Xiro d´Ouro e no Xiro do Trentino ademais de quedar 3º na Lieja-Bastoña-Lieja. No Xiro terminou 4º moi lonxe do vencedor Ivan Basso.
No Tour de Francia non foi regular, quedou 2º na etapa do Alpe d´Huez por detrás de Frank Schleck e impoñéndose na clasificación do maillot branco de mellor novo. Quedou 11º na clasificación final.
Despois do Tour, nunha das últimas carreiras que disputo ese ano, foi 2º no Xiro de Lazio.
2007 presentábase crucial para a súa carreira, volvendo apostar polo Xiro e renunciando ao Tour. No Xiro presentábase como un dos grandes candidatos logo de impoñerse por 3ª vez no Xiro do Trentino e de ser 4º na Volta ao País Vasco. Non puido cumprir os pronósticos terminando 5º, lonxe do podio. Máis tarde renunciou ao Tour para preparar o Mundial, por iso disputou a Volta a España onde unha caída na 1ª etapa limitouno moito, podendo brillar só na 13ª etapa. Antes diso impúxose nunha etapa da Volta a Alemania.
No Mundial presentábase como gregario de luxo de Paolo Bettini, líder do equipo italiano. Na proba, foi un dos ciclistas máis activos, meténdose en varios cortes pero non puido estar xunto ao seu líder nos momentos decisivos da carreira.
Semanas máis tarde gañou o G. P. Bruno Beghelli como antesala da súa vitoria no Xiro de Lombardía por 2ª vez na súa carreira ao dar unha auténtica exhibición e impoñerse no man a man a Riccardo Riccó.
Despois do gran final do ano anterior, neste 2008 fixou as suas miras nas clásicas de primaveira, o Tour de Francia e o Mundial de Ruta de Varese. Debido a iso, empezou a tempada máis tranquila do habitual, disputando a Paris-Niza sen loitar pola vitoria final. Máis tarde disputou a Volta ao País Vasco onde quedou 4º, logo de impoñerse en Orio por diante de Alberto Contador. A continuación correu a Klasika Primavera onde aparecía como gran favorito xunto a Alejandro Valverde, ao que se impuxo por escasos centímetros. 
Así chegaba ao seu primeiro gran obxectivo do ano, as clásicas das Ardenas. Na primeira delas, a Amstel Gold Race, conseguiu a vitoria ao impoñerse a Frank Scheck nos metros finais do Cauberg. Tres días despois conseguía ser 3º na Flecha Valona. Logo de todos estes resultados era o gran favorito para a Lieja-Bastogne-Lieja pero non tivo un bo día ao sufrir calambres clasificándose no 30º posto lonxe da cabeza de carreira.
Logo dunha primaveira moi atarefada, descansou regresando na Volta a Suiza, onde conseguiu un gran 4º posto, roldando algunha vitoria e no Memorial Marco Pantani terminou 2º.
Na saída do Tour de Francia presentábase como un dos grandes favoritos para o podio e ata como vencedor absoluto, pero non conseguiu o seu obxectivo ao non atopar a súa mellor forma e á gran cantidade de caídas que sufriu, o que provocou a súa retirada na 18ª etapa cando estaba lonxe da cabeza de carreira na clasificación xeral. 
Como preparación para o seu último obxectivo do ano, novamente decidiu participar na Volta a España onde non brillou demasiado, acabando por retirarse a metade da proba. Chegou ao Mundial e sorprendeu aos favoritos ao incrustarse na fuga final para acabar en 2º lugar. Semanas despois deu unha auténtica exhibición no Xiro de Lombardía, ao chegar en solitario a meta para proclamarse tricampeón da proba para delirio dos afeccionados trasalpinos. Como colofón ao seu gran ano, impúxose na Japan Cup ao bater a Giovanni Visconti e Ivan Basso. Acabou segundo na clasificación UCI Pro Tour, chegando a liderala nalgunhas probas. 
Na tempada 2009, marcouse como obxectivo o Xiro de Italia do centenario e o Mundial de Ruta que se disputaba en Mendrisio. Así empezou o ano intentando buscar un bo estado de forma para as clásicas de primaveira. Impúxose na Settimana Coppi-Bartali máis dúas etapas mantendo un gran duelo con Cadel Evans. A continuación, disputou a Volta ao País Vasco onde se clasificou nunha meritoria 5ª praza, a case 2 minutos de Contador. Despois correu a Klasika Primavera onde atacou na ascensión final pero foi cazado polo grupo de favoritos, onde só puido ser 6º. Con estes meritorios postos chegaba ás clásicas das Ardenas como un dos grandes favoritos. Na Amstel Gold Race non puido revalidar o seu triunfo do ano anterior, quedando en 5º lugar. Na Flecha Valona conseguiu un meritorio 3º posto, mentres que na Lieja-Bastogne-Lieja, un ataque afastado de Andy Schleck impediulle loitar pola vitoria, quedando 7º.
O Xiro do Centenario contou cunha grandísima participación: Lance Armstrong, Ivan Basso, Denis Mechov, Danilo di Luca, Carlos Sastre, Stefano Garzelli, Gilberto Simoni, Marzio Bruseghin e Franco Pellizotti entre outros. Pronto se viu que non andaba e buscou algún parcial sen demasiada sorte. Finalizou no posto 19º.
O resto da tempada estivo marcada polos altibaixos, onde sobresaíron o 2º posto no Campionato de Italia de Ciclismo, o doblete na Volta a España onde demostrou un gran poderío na montaña ou a Volta a Suiza onde terminou 6º logo de roldar algunha vitoria de etapa, mentres que fracasou no Mundial de Ruta onde partía como o máximo favorito logo das súas exhibicións na Volta.
2010 é ata a data, o peor ano da súa carreira, sen vitorias nin grandes actuacións. Unha fuga intrascendente apártouno dos primeiros postos do Xiro de Italia o cal terminou no 11º posto. Tamén disputou o Tour de Francia onde non brillou demasiado, escapándose nalgunhas etapas de montaña sen demasiada sorte.
A intención de volver recuperar o seu nivel en 2011 logo dunha mala tempada, empezouna forte, gañando unha etapa e ser 3º no Xiro de Cerdeña, mesmo posto que logrou na Montepaschi-Adriatico. Máis tarde disputou a Tirreno-Adriatico onde demostrou ser dos máis fortes da carreira, pero non foi capaz de rematar ningunha etapa. Semanas máis tarde conseguiu unha vitoria parcial no Tour de Romandia ao impoñerse nun duro repeito a un grupo liderado por Cadel Evans e Aleksandr Vinokúrov. Logo disto renunciou ao Xiro para preparar o Tour de Francia. 
Regresou á competición na Volta a Suiza onde demostrou chegar nun gran momento. Foi 2º na primeira etapa en liña, 2º na segunda logo de atacar en solitario e coroar o primeiro, pero foi atrapado no descenso por Peter Sagan, que acabouno superando na meta. Grazas a iso comezou a liderar a clasificación xeral da proba. Na sexta etapa, volveu demostrar o seu gran estado de forma, quedando 3º na cima. Así chegou á crono final con 1 minuto 59 segundos sobre Levi Leipheimer, o seu gran rival, que acabaría impoñendose na Xeral Final por só 4 segundos.
Na saída do Tour de Francia ninguén apostaba por él para un bo lugar na clasificación xeral, pero aínda que non brillou, demostrou unha boa regularidad que lle levou ao 6º lugar.
No que restaba de 2011, non volveu brillar debido a un problema de cálculos renais.
2012 foi un ano bastante malo para él, o seu 6º posto na xeral final do Xiro foi o seu mellor resultado. A súa única vitoria foi no Xiro do Trentino, onde gañou unha etapa.
Na tempada 2013, só conseguiu unha vitoria, quedando 55º no Tour de Francia.
 A tempada 2014 decidiuna comezar correndo o Tour de San Luís en Arxentina. O primeiro resultado importante produciuse a finais de febreiro cun cuarto posto no GP de Lugano, uns días despois na Strade Bianche consegue outro cuarto posto. Eses resultados auguraban un retorno aos altos niveis, unha impresión confirmada polo bo rendemento na Volta ao País Vasco. Con todo nas clásicas das Ardenas e no Xiro de Italia o gran obxectivo da tempada non tivo éxito. Tampouco na Dauphine e na Volta a Polonia non logra brillar por mor dunha caída que lle obrigou a retirarse.
Unhas semans máis tarde reaparece na Volta a España logrando un terceiro posto na etapa con final en Valdelinares. Logo da carreira española anunciou que deixaba o Lampre-Merida para fichar polo Nippo-Fantini-De Rosa coa esperanza de relanzarse aos altos niveis do pelotón mundial.
TRIUNFOS: 2002 vencedor do Xiro d´Ouro e do Xiro do Medio Brenta.
2003 vencedor da Volta ao Lago Qinghai, máis unha etapa.
2004 vencedor do Xiro de Italia, máis catro etapas, do Xiro do Trentino, máis dúas etapas, do Xiro dos Apeninos, do G. P. Industria e Artigianato-Larciano, do G. P. Fred Mengoni, do Due Giorni Marchigiana, do Gran Premio Nobili Rubinetterie, do Xiro de Lombardía e do Ranking UCI.
2005 vencedor dunha etapa do Tour de Romandía, do Gran Premio Nobili Rubinetterie, do Trofeo Melinda e da Japan Cup.
2006 vencedor da Settimana Coppi e Bartali, máis unha etapa, do Xiro d´Ouro, do Xiro do Trentino, máis unha etapa, do G. P. Industria e Artigianato-Larciano e a clasificación xeral dos mozos do Tour de Francia.
2007 vencedor do Xiro do Trentino, máis dúas etapas, dunha etapa da Volta a Alemania, do G. P. Bruno Beghelli e do Xiro de Lombardía.
2008 vencedor dunha etapa da Volta ao País Vasco, da Klasika Primavera, da Amstel Gold Race, do Xiro de Lombardía, e da Japan Cup.
2009 vencedor da Settimana Coppi e Bartali, máis dúas etapas e dúas etapas da Volta a España. 
2011 vencedor dunha etapa do Xiro de Cerdeña, do Xiro dos Apeninos e dunha etapa do Tour de Romandía.
2012 vencedor dunha etapa do Xiro do Trentino.
2013 vencedor dunha etapa da Settimana Coppi e Bartali.
Outros resultados dignos de mención: 2004 segundo na Bicicleta de Ouro, 2008 segundo no Campionato do Mundo de fondo en estrada e segundo no UCI Prol Tour. 2009 segundo no Campionato de Italia de Ruta.
XIRO DE ITALIA: 2003 (34º), 2004 (1º), 2005 (18º), 2006 (4º), 2007 (5º), 2009 (19º), 2010 (11º), 2912 (6º) e 2014 (19º).
TOUR DE FRANCIA: 2006 (11º), 2008 (abandonou), 2010 (29º), 2011 (6º) e 2013 (55º).
VOLTA A ESPAÑA: 2004 (16º), 2007 (abandonou), 2008 (2º) e 2009 (9º).
EQUIPOS: 2002-2004 Saeco. 2005-2014 Lampre. 2015 Nippo-Vini Fantini.

Ningún comentario:

Publicar un comentario