Juan Fernández Martín naceu en Alhama de Granada,
Granada (España), o 5 de xaneiro de 1957
É un ex ciclista español que ocupa un lugar de
privilexio no libro de ouro do ciclismo español. Non en balde foi o primeiro
ciclista español que logrou subir en tres ocasions a recoller a medalla de
bronce nuns Campionatos Mundiais.
Despois de dez tempadas como profesional da
bicicleta, a finais de 1988 despois de lograr a sua terceira medalla de bronce
dun Mundial decidiu poñer fin á súa
carreira tras 16 anos en total dando pedais e cun palmarés de 60 vitorias.
A súa folla de servizo queda ben repleta, pois,
ademais deses triunfos conta con numerosos postos de honra nos preto de 300.000
quilómetros que percorreu na súa época de profesional.
Na longa e azarosa vida de Juan Fernández como
ciclista, obtivo mención especial ao seu
comportamento nas nove Voltas a España, cinco Xiros de Italia, tres Tours de
Francia e nove Campionatos do Mundo.
A súa tempada máis brillante foi a de 1980, na que
logrou 18 triunfos. A peor foi a de 1983, na cal, debido a unha caída na oitava
etapa da Volta a España estivo a piques de quedar invalido.
Con luces e sombras na vida do ciclista exemplar
abundan pois, os momentos de moita alegría cos de tristeza. O mellor, as tres
medallas de bronce e os dous Campionatos de España de fondo na estrada. O peor,
esa caída de 1983 e os numerosos accidentes que sufriu durante a súa carreira.
Profesional de 1979 a 1988 durante os cales logrou
50 vitorias, das cales destacan as tres medallas de bronce que obtivo nos
Campionatos do Mundo de fondo na estrada, a vitoria de etapa no Xiro de Italia
e as 4 da Volta a España.
Retirouse do ciclismo profesional a finais de 1988,
converténdose en director deportivo do equipo CLAS-Cajastur. Como director
obtivo diversos títulos, dirixindo a campións como Tony Rominger, Fernando
Escartin e Anxo Caseiro.
TRIUNFOS: 1979, Vencedor do Gran Premio de Estella.
1980, vencedor do Campionato de España de fondo na
estrada en Ampuero, vencedor da Challenger Costa do Azahar, do Gran Premio do
Ouro, dunha etapa do Xiro de Italia e do gran Premio de Navarra.
1981, vencedor do Gran Premio de Pascua, dunha
etapa da Volta a España e do Gran Premio de Elxe.
1982, vencedor dunha etapa da Volta a España.
1983, vencedor do gran Premio de Navarra e dunha
etapa da Volta a España.
1984, vencedor da Hucha de Ouro.
1987, vencedor dunha etapa da Volta a España.
19 89, vencedor do Campionato de España de fondo na
estrada en Puenteareas.
XIRO DE ITALIA: 1980 (24º, máis unha etapa, 1982
(37º), 1984 (122º), 1987 (94º) e en 1988 retírase.
TOUR DE FRANCIA: 1981 (50º), en 1985 e 1986
abandona.
VOLTA A ESPAÑA: 1980 (16º e vencedor do premio da
Montaña), 1981 antes de abandonar gana unha etapa), 1982 (2º máis unha etapa),
1983 (antes de abandonar gana unha etapa), en 1984-1985 e 1986 abandona, 1987
(70º, máis unha etapa) e en 1988 abandona.
Outros resultados dignos de mención: 1980, terceiro
no Campionato do Mundo de fondo na estrada en Sallenches, tras Hinault e Baronchelli,
1981 terceiro no Campionato de España de fondo na estrada, 1985 terceiro na
Clásica de San Sebastián , 1987 terceiro no Campionato do Mundo en Villach,
tras Roche e Argentin e en 1988 terceiro no Campionato do Mundo de fondo na
estrada en Ronse tras Fondries e Gayant.
EQUIPOS:
1979 Kas. 1980 Zor-Vereco. 1981-1982 Kelme. 1983-1986 Zor e 1987-1988 Zahor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario