venres, 28 de maio de 2021

JEAN GOLDSCHMIT


Jean Goldschmit naceu en Weimerskirsch (Luxemburgo), o 20 de febreiro de 1924 e faleceu aos 69 anos o 14 de febreiro de 1994 en Luxemburgo.

Foi un ciclista luxemburgués de medianas calidades como escalador, pero moi bo baixando. Gran especialista en carreiras por etapas. Tras retirarse da competición foi director deportivo.Profesional de 1947 a 1953.

TRIUNFOS: 1946, vencedor da Volta a Luxemburgo, máis unha etapa.

 1947, Campión de Luxemburgo de fondo na estrada e Campión de Luxemburgo de Ciclocrós.

1948, vencedor da Volta a Luxemburgo e dunha etapa da Volta a Suíza.

 1949, vencedor dunha etapa do Tour de Francia.

1950, Campión de Luxemburgo de fondo na estrada, vencedor de dúas etapas da Volta a Suíza e dunha etapa do Tour de Francia.

1951, vencedor de dúas etapas da Volta a Suíza.

1952, vencedor dunha etapa da Volta a Suíza.

XIRO DE ITALIA: 1949 (16º) e 1950 (40º).

TOUR DE FRANCIA: 1947 (20º), 1949 (8º, máis unha etapa), 1950 (10º, máis unha etapa), 1951 abandona, 1952 (16º) e 1953 retírase.

Outros resultados dignos de mención: 1950, segundo na Volta a Suíza. 1952, segundo na Volta a Luxemburgo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario