ANTONIO BARRUTIA, en su etapa con el equipo Kas. |
Un ciclista todo-terreo cunha longa e prolífica carreira profesional. E de destacar a súa dedicación ao ciclocrós, no que logrou dous Campionatos de España, e un cuarto posto no Campionato de Mundo de 1960, a que é a mellor actuación dun ciclista español de toda a historia. Ese mesmo ano chegou en primeiro lugar no Campionato de España, pero foi finalmente descualificado, polo que o título pasou a mans de José Luis Talamillo.
O seu irmán Cosme Barrutia tamén foi ciclista profesional.
Logo da súa retirada exerceu como director deportivo en equipos profesionais como o Kas.
TRIUNFOS: 1953 G.P. de Llodio.
1954 G.P. de Llodio e Circuito de Getxo.
1955 Subida a Arrate e Campionato de España de ciclocrós.
1956 Volta a Andalucía, Subida a Arrate e Campionato de España de rexións contrarreloxo con Biscaia.
1957 Bicicleta Eibarresa.
1961 Circuito de Getxo, Subida ao Naranco e Campionato de España de Ciclocrós.
1962 Campionatom de España de rexións contrarreloxo con Biscaia.
1963 Volta a Andalucía, máis dúas etapas e Clásica de Villafranca de Ordicia.
1964 Volta a Levante e Volta a Rioxa, máis dúas etapas.
Nunca participou no Xiro de Italia.
No Tour de Francia de 1957 e 1963 abandonou antes de finalizar a carreira e en 1964 terminou 73º na clasificación xeral final.
Volta a España: 1956 (20º), 1957 (26º), 1958 abandonou, 1959 Antes de abandoar gañou unha etapa, 1960 volve abandoar pero antes gaña unha etapa, 1961 abandoa, 1962 (34º e unha etapa), 1963 (11º e duas etapas), 1964 (32º e duas etapas) e en 1965 abandoa.
MUNDIAIS DE CICLOCRÓS: 1954 (6º), 1955 (12º), 1958 (8º), 1959 (4º), 1960 abandoa e en 1966 é 9.
Outros resultados dignos de mención: 1954 2º no Campionato de España de Ciclocrós e duas etapas no G.P. Concello de Bilbao.
1955 Unha etapa da Volta a Andalucía.
1957 Unha etapa da Volta a Levante.
1959 Unha etapa da Volta a España, 3º no Campionato de España de rexións contrarreloxo con Biscaia e 2º no Campionato de España de Ciclocrós.
1960 Unha etapa da Volta a España e 4º no Campionato do Mundo de Ciclocrós.
1961 Unha etapa do Circuito Montañes.
1962 2º na Volta a Andalucía, unha etapa da Vota a España e unha etapa do Circuito Montañes.
1963 Duas etapas da Volta a España, unha etapa da Volta a Cataluña e 2º no Campionato de España de rexións contrarreloxo con Biscaia.
1964 Dúas etapas da Volta a España.
1966 3º no Campionato de España de Ciclocrós.
EQUIPOS: 1955-57 Gamma. 1958 Lube-NSU. 1959 Boxing Ciclo Club. 1960 Brandy Maxestade. 1961 Catigene e 1962-66 Kas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario