xoves, 15 de marzo de 2012

MARINO BASSO.

MARINO BASSO
Marino Basso. Naceu en Rettorgole dei Caldogno (Italia), o 1 de xuño de 1945. Foi un ciclista italiano, que pola súa audacia, punta de velocidade e reflexos, fixéronlle sobresaír como un rodador-sprinter puro. Profesional entre 1966 y 1978, cuxos maiores éxitos deportivos logrounos nas tres Grandes Voltas ao obter 15 vitorias de etapa no Xiro de Italia, 6 no Tour de Francia e outras 6 na Volta a España. Tamén logrou proclamarse Campión do Mundo en ruta en 1972.
Nos anos 70 todos os duelos ao sprint estaban protagonizados polos belgas Patrick Sercu, Reybroeck Guido e Roger de Vlademinck, xunto aos italianos Dino Zandegú e o propio Marino Basso.
Logo da súa retirada, converteuse en director deportivo. Na actualidade dirixe ao equipo Preti Mangimi.
Marino Basso, nada ten que ver familiarmente co actual Iván Basso.
TRIUNFOS: 1967.- Gran Premio Campagnolo e Trofeo Ofmega.
1968.- G.P. Mirandola, Milán-Vignola e Volta a Compania.
1969.- Volta ao Piamonte, Tres Vales Varesinos, Trofeo Matteotti, Xiro de Campania e unha etapa da París-Niza.
1971.- Milán-Vignola e unha etapa da Tirreno-Adriático.
1972.- Campionato do Mundo en ruta, Volta a Serdeña, Copa Bernocchi e Campionato de Italia de ímnium.
1973.- Milán-Vignola, Niza-Xénova e G.P. Kanton Aargau.
1974.- G.P. Montelupo e os Seis Días de Castelgamberto con Dieter Kemper.
1976.- Dúas etapas na Volta ao País Vasco e unha etapa na Volta a Catalunya.
1977.- Copa Placci.
XIRO DE ITALIA: 1966 (48º, máis unha etapa), 1968 (60º, máis unha etapa), 1969 (47º, máis catro etapas), 1970 antes de terse que retirar gaña dúas etapas, 1971 (42º, máis tres etapas e a clasificación por puntos), 1972 volve gañar unha etapa antes de terse que retirar, 1973 (84º, máis unha etapa), 1974 (85º, mais unha etapa), 1976 (84º), 1977 vese obrigado a abandoar, pero antes gaña unha etapa. En 1967 e 1978, tamén participa pero non logra finalizalos.
TOUR DE FRANCIA: 1967 (64º, máis dúas etapas), 1969 (non logra finalizalo pero gaña unha etapa), 1970 (63º, máis tres etapas) e 1972 (82º).
VOLTA A ESPAÑA: 1975 Non logra chegar a Madrid, pero antes de abandoar gaña seis etapas.
Outros resultados dignos de mención son: 1970 Terceiro e Medalla de Bronce no Campionato de Italia de ciclismo en ruta. 1974 terceiro posto no Campionato de Italia de ciclismo en ruta e en 1975 participou na Volta a Suiza pero non logra finalizala.
EQUIPOS: 1966-1971 Mainetti (Italia), 1972 Salvarani (Italia), 1973-1974 Bianchi-Campagnolo (Italia), 1977 Selle Royal-Alan (Italia) y 1978 Gis Gelati (Italia).

Ningún comentario:

Publicar un comentario