GINO BARTALI |
Ciclista profesional italiano entre os anos 1935 e 1954, excelente escalador, vencedor do Premio da Montaña do Xiro de Italia en sete ocasións e do Tour de Francia en duas.
Durante a súa etapa profesional conseguiu 91 vitorias. Alcumado como: Il Vecchio (O Vello), o Frade Voador, o Home de Ferro ou o Piadoso.
Se como afeccionado logrou 44 vitorias entre 1931 e 1934, como profesional adxudicouse tres Xiros de Italia, dous Tour de Francia e unha infinidade de probas máis e seguramente habria alcanzado o palmarés máis rico de todos os tempos se non fose pola Segunda Guerra Mundial que lle partiu en dúas a súa brillantísima carreira. Isto fixo que se nun principio chamábanlle o "Home de Ferro" pola súa fortaleza, astucia, bravura e excelentes condicións de escalador, logo denomináselle "O Vello", porque, entre outras carreiras, tras a Segunda Guerra Mundial, volveu triunfar no Xiro de Italia e Tour de Francia. Logo de Girandello, Binda e Guerra, foi o cuarto "Campionissimo" do ciclismo italiano e, a partir de 1940, o que dividiu a Italia en dúas frontes, pola súa rivalidade con Fausto Coppi.
En 1953, cando roldaba xa os 40 anos gañou a Volta a Emilia e por primeira vez a Volta a Toscana, pero o 18 de novembro, entre Milán e Como, en Cernole, sufriu un accidente de automóbil que lle produciu numerosas feridas e unhas secuelas que cortaron xa a súa carreira.
Gino Bartali y Fausto Coppi, rivales pero sobre todo amigos. |
A gran rivalidade entre Gino Bartali e Fausto Coppi, dividia aos italianos, tanto deportivamente como política e relixiosamente, xa que as súas posturas políticas e relixiosas tamén estaban enfrontadas. Con todo, por encima daquela rivalidade, Coppi e Bartali compartían tamén unha gran amizade, compartindo equipo durante anos e, en moitas ocasións, o un actuou de gregario do outro e viceversa. A mellor mostra disto, foi o Tour de Francia de 1949, que gañou Coppi por diante de Bartali. Ambos esnaquizaron a carreira nos Alpes, pero sempre da man.
Gino Bartali, en 1939, por culpa da Segunda Guerra Mundial, non puido defender a súa vitoria no Tour do ano anterior. Tomándose o desquite en 1948, conseguindo o seu segundo Tour dunha forma espectacular, con sete vitorias de etapa. Converténdose no único ciclista hasta a data que gaña dúas Tour cun intervalo de 10 anos, circunstancia que tamén logrou no Xiro de Italia coas súas vitorias en 1936 e 1946.
Coppi y Bartali en el Tour de Francia de 1949. |
Ademais das súas vitorias en grandes Voltas, Bartali gañou en cinco ocasións o Campionato italiano e varias clásicas dun día, como a Milán-San Remo (4) e o Xiro de Lombardia (2).
A República Italiana ten recoñocido ou valor del e a sua doa por ter salvados a moitos xudeos na época do fascismo. A sua doa Adriana recibiu a medalla de ouro ao valor civil no 2006.
TRIUNFOS: 1935.- Campionato de Italia en Ruta, Gran Premio de Reus, Volta ao País Vasco,Volta ás Dúas Provincias, Copa Bernocchi e Volta ao Piamonte.
1936.- Xiro de Lombardia, Gran Premio Industria (con Guerra e Gotti) e Volta á Provincia de Milán.
1937.- Campionato de Italia en Ruta, Xiro do Piamonte e Xiro de Lazio.
1938.- Tres Vales Varesinos, Gran Premio do Imperio e Volta á Provincia de Milán (con Fovalli).
1939.- Milán-San Remo, Xiro de Lombardia, Volta a Toscana, Volta á Provincia de Milán (con Fovalli), Trofeo do Imperio e Xiro do Piamonte.
1940.- Campionato de Italia de Ruta, Milán-San Remo, Premio Magna de Libia, Volta a Toscana, Volta a Romania, Gran Premio de Roma, Volta á Provincia de Milán (con Fovalli), Xiro de Lombardia e Xiro de Lazio.
1941.- Copa Marin.
1942.- Volta á Provincia de Milán (con Fovilla).
1945.- Volta ás Catro Provincias, Volta a Compania, Copa Gelsorini e Xiro de Lazio.
1946.- Volta a Suiza, máis catro etapas e G.P. da Montaña, Trofeo Matteotti e Campionato de Zúric.
1947.- Milán-San Remo e Volta a Suíza, máis dúas etapas.
1948.- Volta a Toscana e Campionato de Zúric.
1949.- Xiro de Lombardia, Volta a Romandia e Gran Premio de Wiesbaden,
1950.- Milán-San Remo e Volta a Toscana.
1951.- Xiro do Piamonte.
1952.- Campionato de Italia en Ruta, Volta a Emilia e Volta a Reggio Calabria.
1953.- Volta a Toscana e Volta a Emilia.
XIRO DE ITALIA: 1935.- 7º, máis unha etapa que constituíu o seu primeiro triunfo profesional e o Gran Premio da Montaña.
1936.- 1º, máis tres etapas e a clasificación da montaña.
1937.- 1º, máis catro etapas e a clasificación da montaña.
1939.- 2º, máis catro etapas e a clasificación da montaña.
1940.- 9º, máis dúas etapas e a clasificación da montaña.
1946.- 1º, máis clasificación da montaña.
1947.- 2º, máis dúas etapas e a clasificación da montaña. 1948.- (8º), 1949.- (2º), 1950.- (2º, máis unha etapa), 1951.- (10º), 1952 (5º), 1953.- (4º) e 1954.- (13º).
TOUR DE FRANCIA: 1937.- Unha etapa; Bartali dobregou aos seus adversarios no Galibier, púxose a camisola de líder en Grenoble, na sétima etapa, pero sufriu unha caida na oitava e tivo que abandonar tres dias máis tarde cando xa non era camisola amarela.
1938.- 1º, máis dúas etapas e a clasificación da montaña.
1948.- 1º, máis sete etapas e a clasificación da montaña.
1949.- 2º, máis unha etapa.
1950.- Ten que abandonar, pero antes gaña unha etapa.
1951.- (4º), 1952.- (4º) e 1953.- (11º).
Nunca participou na Volta a España.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1935.- 3º no Xiro de Lombardia, 3º no Criterium do Midi (Francia) e 2º no Xiro de Romaña.
1936.- 2º na Copa Mater.
1937.- 2º no Xiro de Emilia, 2º no Xiro á Provincia de Milán.
1938.- 2º no Campionato de Italia e 2º no Xiro de Lombardia.
1939.- 2º no Xiro de Campania e 2º nos Tres Vales Varesino.
1940.- 2º na Copa Moschini.
1941.- 3º no Xiro de Emilia, 2º no Xiro de Piamonte, 2º no Xiro de Toscana e 3º nos Tres Vales Varesinos.
1942.- 2º no Campionato de Italia, 2º no Xiro de Lombardia, 2º no Xiro de Piamonte, 2º no Xiro de Toscana e 3º nos tres Vales Varesinos.
1943.- 3º na Copa Moschini, 3º no Xiro de Toscana e 2º no Xiro á Provincia de Milán.
1945.- 3º no Xiro de Lombardia e 3º nos Tres Vales Varesinos.
1946.- 2º no Campionato de Italia.
1947.- 2º no Xiro de Lombardia, 2º no Tour de Romandía (Checoslovaquia), 2º no Xiro de Emilia e 2º no Xiro de Romaña.
1948.- 2º nos Tres Vales Varesinos.
1950.- 2º no Xiro de Reggio Calabria.
1951.- 2º no Campionato de Italia, 2º na Flecha Valona, 2º na Sassari-Cagliari e 2º no Trofeo Angelo Baracchi.
1952.- 2º no Tour do Lago Lemán (Checoslovaquia).
1953.- 3º no G.P. Massaua-Fossati.
Ningún comentario:
Publicar un comentario