xoves, 14 de marzo de 2013

CLAUDIO BORTOLOTTO

CLAUDIO BOTOLOTTO
Claudio Bortolotto, naceu en Orsago, Treviso (Italia), o 19 de marzo de 1952. Excelente rodador e bo escalador, aínda que durante os seus dez anos como profesional sempre tivo que traballar para outros, polo que o seu palmarés non é todo o amplo que merece.
Os seus éxitos máis importantes conseguiunos no Xiro de Italia. Onde gañou tres edicións do Premio da Montaña (1979, 1980, 1981) e dúas etapas. En 1978 gañou o Gran Premio do Midi Libre.
En 1977 e 1978 foi convocado á selección italiana para participar no Campionato Mundial de ruta, finalizando en San Cristóbal 1977, 24º e en Nürburgring 1978 18º.
Retirándose do ciclismo en 1984.
Profesional de 1974 a 1984.
TRIUNFOS: 1977, o Gran Premio da Industria e o Comercio de Prato.
1978, o G. P. Midi Libre máis unha etapa.
1979, ganador do Gran Premio da Montaña do Xiro de Italia.
1980, ganador do Gran Premio da Montaña do Xiro de Italia.
1981, a Copa Sabatini e o Gran Premio da Montaña do Xiro de Italia.
1982, vencedor dunha etapa da Volta a Alemania.
XIRO DE ITALIA: 1974, (35º), 1976, (22º), 1977, (8º, máis unha etapa), 1978, (8º), 1979, (15º, máis unha etapa e o Premio da Montaña), 1980, 31º e o Premio da Montaña), 1981, (9º e o Premio da Montaña), 1982, abandona, 1983, (34º) e 1984 (38º).
Nunca participou no Tour de Francia.
VOLTA A ESPAÑA: 1980, abandono, 1983 (14º) e 1984 abandonou.
Outros resultados dignos de mención: 1979, terceiro no Campionato de Italia de fondo en estrada. 1982, sétimo na clasificación xeral, máis tres etapas da Volta a Alemania.
1982, terceiro no Trofeo Baracchi.
EQUIPOS: 1974, Filcas, 1975, Filotex, 1976-1979, Sanson, 1980, San Giacomo, 1981, Santini-Sele Italia, 1982-1984, Do Tongo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario