venres, 24 de abril de 2015

ANDRÉ DARRIGADE

André Darrigade, alcumado o “Vasco Bondadoso” ou o “Dedé” naceu en Narrose preto de Dax en Landas (Francia), o 24 de abril de 1929.
Foi un ciclista francés, gran rodador e velocista de categoría, combativo e brillante. Moi popular entre os franceses, correu 14 veces o Tour de Francia, vestiu de líder en 19 ocasións e gañou 22 etapas, curiosamente en cinco ocasiones a primeira. 
Os seus primeiros galons no ciclismo conseguiunos no Velódromo de Hiver en París batendo nos Seis Días de Paris a Antonio Maspes, que logo sería campión do mundo do sprint. O seu irmán Roger tamén foi ciclista profesional.
Profesional de 1951 a 1966 durante os cales gañou o Campionato do Mundo de ciclismo en ruta en 1959, unha etapa do Xiro de Italia, 22 etapas do Tour de Francia nas suas catorce participacións, portando tres veces o maillot amarelo e gañando en dúas ocasións o maillot verde e o Xiro de Lombardía en 1956.
En 1955 foi Campión de Francia en ruta e en 1957 e 1958 gañou os Seis Días de París con Jacques Anquetil e Ferdinando Terruzzi. 
No Tour de Francia de 1956, na etapa Luchon-Touloise, un pinchazo seguido dunha discusión con Marcel Bidot director técnico da selección de Francia privoulle da vitoria final desa edición. Un drama que lle ía a marcar pra sempre. En 1958 no Parque dos Príncipes, durante o sprint final, golpeou ao xardinero do parque, o cal morreu varios días despois. 
TRIUNFOS: 1951 vencedor da Burdeos-Saintes.
1952, vencedor dunha etapa da París-Saint-Étienne e dunha etapa do Tour de Argelia.
1953, vencedor da Rochelle-Angulema e do Circuíto Cjalosse.
1954, vencedor do Tour Picardie, máis unha etapa do G. P. Neumático e da Marsella-Montepellier.
1955, vencedor do Campionato de Francia de fondo en estrada, o Gran Premio l´Écho d´Alger e unha etapa dos Tres Días de Amberes..
1956, vencedor do Xiro de Lombardia e do Trofeo Baracchi con Rolf Graf.
1957, vencedor dunha etapa do Tour de Romandia, o G. P. Orchies, do G. P. Europa con Anquetil e Jean Forestier, da Roda de Ouro con Anquetil e dos Seis Días de París.
1958, vencedor dunha etapa dos Catro Días de Dunkerque, a París-Valenciennes, da Roda de Ouro con Anquetil e dos Seis Días de Paris con Anquetil e Terruzzi.
1959, Campión do Mundo de fondo en estrada e vencedor do Criterium Nacional.
1960, vencedor de dúas etapas do Tour de Romandía e dunha etapa da Paris-Niza.
1961, vencedor dunha etapa da Dauphiné Libéré e dunha etapa da Paris-Niza.
1962, vencedor dunha etapa da Dauphine Libéré e dunha etapa da Volta a Levante (España).
1963, vencedor dunha etapa da Paris-Niza.
1964, vencedor da Génova-Niza e dunha etapa da Daphine Libéré.
XIRO DE ITALIA: 1959 (42º) e 1960 (64º, máis unha etapa.
TOUR DE FRANCIA: 1953 (37º, máis unha etapa), 1954 (49º), 1955 (49º, máis unha etapa), 1956 (16º, máis unha etapa) 1957 (27º, máis catro etapas), 1958 (21º, máis cinco etapas), 1959 (16º, máis dúas etapas e a clasificación por puntos. 1960, (16º, máis unha etapa, 1961 (32º, máis catro etapas e a clasificación por puntos, 1962 (21º, máis unha etapa), 1963 antes de ter que abandoar gaña unha etapa, 1964 (66º, máis unha etapa), 1965 (93º) e 1966 (62º).
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1957, terceiro no Campionato de Mundo de fondo en estrada, 1958, terceiro nos Campionatos do Mundo de Fondo en estrada, 1960, segundo no  Campionato do Mundo de fondo en estrada e segundo no Campionato de Francia de fondo en estrada.
EQUIPOS: 1951-1955, A Perle-Hutchinson, 1956-1957, Bianchi Pirelli, 1958-1960, Helyett-Leroux, 1961, Alcyon-Leroux, 1962 Gitane-Leroux-Dunlop, 1963-1965, Margnat-Pomba e 1966, Kamomé-Dilecta-Dunlop. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario