Eduardo Chozas, alcumado o mosca naceu en
Madrid (España) o 5 de xullo de 1960.
É o ciclista que
máis grandes Voltas acabou, 26. Xiro de Italia (7), Tour de Francia (6) e Volta
a España (13), aínda que participou en 14, pero non acabou na edición 1984. En
1990 e 1991 participou no Xiro, Tour e Volta acabando as tres.
Como amateur, foi Campión
de España por equipos en 1978 e en 1979 terceiro individual.
Era un ciclista
español dos 80 e principios dos 90, bastante completo, aínda que o seu terreo
preferido era a montaña. Obtivo boas clasificacións finais nas tres Grandes
Voltas, logrando triunfos de etapa no Xiro e no Tour, pero nunca na Volta.
A súa mellor
clasificación no Xiro foi o 8º posto en 1983. En 1990 no Tour de Francia
terminou sexto, a mesma posición que na Volta a España de 1983.
No Tour de Francia
de 1990 que gaño Greg Lemond, Chozas, ademais de terminar sexto, gañou unha
etapa, e levou o Premio á combatividad, nesa edición do Tour Perico Delgado
terminou cuarto e Marino Lejarreta, quinto.
A etapa que gaño no
Tour de Francia de 1996 foi a que finalizou no Col de Granon, un dos finais de
etapa máis altos da historia do Tour.
Outra anécdota da súa carreira profesional é que gañou tantas etapas do Tour como Perico Delgado (4).
Profesional de 1980
a 1993, durante os cales logrou 26 vitorias, destacando as tres do Xiro de
Italia, as catro etapas no Tour de Francia, as duas Voltas a Andalucía e unha
Volta á Rioja. Segundo el mesmo relata na sua web, si súmanse os quilómetros
que percorreu na súa carreira como profesional, daría 15 voltas ao redor do
mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario