xoves, 15 de maio de 2014

CARLO CLERICI

Carlo Clerici, naceu en Zurich (Suiza) o 3 de setembro de 1929. Faleceu aos 78 anos o 27 de xaneiro de 2007.
Foi un ciclista suizo de orixe italiana por parte de pai, como tantos outros na cidade de Lipari confinados por razóns políticas, e unha nai suiza, obtendo a cidadanía suiza en 1954, pouco antes de lograr a vitoria no Xiro de Italia. 
O mozo Clerici comezou a traballar nun taller limpando os cadros das bicicletas para ser entregados aos clientes. Aquí, entre o aceite utilizado para as cadeas e o esforzo físico do neno, foi onde naceu a súa gran paixón polo ciclismo.
Comeza ás carreiras aos dezaoito anos, nun mundo que pouco a pouco estaba tratando de saír do cataclismo da Segunda Guerra Mundial. Logo de todo o molde tradicional na categoría xunior, obtivo un bo rendemento en 1951, cando, entre os afeccionados, gañou o Campionato de Zúrich e a Volta a Lucerna. Estes resultados, valéronlle para ser fichado polo Cóndor, equipo dirixido por un ex campión como Learchus Guerra e onde nace a gran amizade con Hugo Koblet.
Grazas ao reglamento pola súa dobre nacionalidade vixente naqueles anos, corre as carreiras italianas de 1952 e 1953 co Welter, do que foi despedido por axudar no Xiro de Italia de 1953 ao seu amigo Hugo Koblet na loita contra Fausto Coppi. Na tempada seguinte volve a fichar polo Cóndor, onde permanecerá ata o final da súa carreira, cada vez máis vinculado e facendo de gregario de luxo de Koblet.
En 1954, recentemente obtida a cidadanía suiza preséntase ao comezo do Xiro cos deberes de protección habituais cara ao seu capitán Hugo Koblet. A rivalidad entre Koblet e Fausto Coppi era particularmente forte. Malia comezar a carreira como gregario, Clerici meteuse nunha fuga durante a sexta etapa na que os escapados lograron máis de vinte minutos sobre o grupo principal. Aínda sen ser un gran escalador, Clerici logrou manter o liderato grazas a que recibiu todo o apoio do seu equipo pese á presenza de Koblet e gañar así o Xiro máis longo da historia (4.337 km.).
O recibimiento dos afeccionados no Velódromo de Vigorelli de Milán, foi cunha choiva de abucheos e pancartas chamando turistas a Coppi, Koblet e ao resto de ciclistas, porque deran a sensación de estar de vacacións durante todo o Xiro. Salvándose únicamente deses abucheos e insultos o terceiro clasificado da xeral final, o valente Assirelli, e Clerici que gañaba o Xiro con 24 minutos por encima do seu xefe Koblet.
A prensa italiana, tratando de dignificar esa edición, titulaban: NACEU UN CAMPIÓN. Pero a realidade era que Carlo Clerici era diferente, nunca pensou sacar o máximo proveito desa oportunidade e na tempada seguinte volveu ao seu traballo de gregario, de aguador, defendendo ao seu líder e gran amigo Hugo Koblet.
Ademais da prestixiosa carreira italiana, Clerici gañou o Gran Premio de Suiza en 1952 (aquel mesmo ano foi terceiro na Volta a Suiza) e o Campionato de Zúrich en 1956.
Profesional de 1951 a 1957. Retírase con só vinte e nove anos, logo de triunfar de novo na Lucerna-Engelmberg. Casado cunha moza á que rescatara dunha avalancha, demostraba ser un verdadeiro cabaleiro doutra época, sempre tranquilo e dispoñible para a prensa, elegante e cheo de dignidade. O seu ritmo agora era lento pero un home normal que morreu na noite do 27 de xaneiro de 2007 por culpa dunha enfermidade incurable.
Carlo Clerici, será sempre o recordo dunha época un tanto absurda que lle levantou da monotonía de gregario para elevalo á gloria do ciclismo. 
TRIUNFOS: 1952 vencedor do G. P. de Suiza.
1953 vencedor da Lucena-Engelberg. 
1954 vencedor do Xiro de Italia máis unha etapa e vencedor do G. P. de Locle.
1956 vencedor do Campionato de Suiza de fondo en estrada.
1957 vencedor da Lucena-Engelberg.
XIRO DE ITALIA: 1952 (23º), 1953 (abandonou), 1954 (1º, máis unha etapa) e 1955 (26º).
TOUR DE FRANCIA: 1954 (12º), 1955 e 1957 abandonou.
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1954, 3º no Campionato de Suiza en ruta . 1955, 2º no Campionato de Suiza en ruta 
EQUIPOS: 1951, Frejus-Welter-Cóndor. 1952, Gerra-Welter-Cóndor-Rapier. 1953-1954, Welter-Cóndor. 1955-1956, FAEMA-Cóndor. 1957, Condor-Helyett.

Ningún comentario:

Publicar un comentario