xoves, 22 de maio de 2014

DANNY CLARK

Daniel "Danny" Clark, naceu en Launceston, Tasmania (Australia), o 30 de agosto de 1951.
É un dos mellores ciclistas de pista de todos os tempos, pois o seu palmarés é impresionante.
Conta con 74 vitorias en carreiras de Seis Días (das cales únicamente Zurich e Stuttgart resistíronselle), o que supón o segundo posto nesa clasificación tan só superado por Patrick Sercu, con 88. A maioría destas vitorias producíronse logo dun accidente en 1983 na proba dos Seis Días de Frankfurt, onde se rompeu a cadeira. Aínda hoxe leva unha placa inserida para axudar a sanar a fractúra e sempre dixo que cando sprintaba ou nas subidas, só a perna dereita era a que facia toda a forza. 
Nos campionatos mundiais de pista tamén era un dos habituais no podio. Proba diso son as cinco medallas de ouro (Keirin e Semifondo), tres subcampeonatos e dous terceiros postos.
Nos Xogos Olímpicos de Múnich en 1972, foi medalla de prata na contrarreloj de 1.000 m. 
Danny Clark comezou durante tres meses a andar cunha bicicleta prestada dun afeccionado local antes de que o seu irmán maior lle compráse unha. Aos 14 anos xa gañou a primeira carreira, decidíndose definitivamente a ser ciclista profesional. 
En 1968 aos 17 anos foi elixido para ir a Sudáfrica, sendo o ciclista máis novo na historia para representar a Australia. En 1970 formou parte do equipo australiano que participou nos Xogos da Commonwealth en Edimburgo; logrando a prata na persecución individual de 4000 m. Participo nos Xogos Olímpicos de 1972 en Mónaco e en 1973 fíxose profesional. En 1975 traslada a súa residencia a Bélxica para empezar a competir nas probas de Seis Días en pista. En 1980 logra o seu primeiro título mundial na especialidade Kerin, seguida no 81, 88 e 91 doutros títulos do mundo sempre na mesma especialidade.
Logo da súa retirada do ciclismo profesional, estaba mentalmente canso, pero non estaba listo para deixar o mundo da bicicleta pola que aínda sentía unha paixón profunda. En 1997 volveu a Australia, converténdose en adestrador, en só un ano viu o florecimiento de moitos novos talentos, que participaron nos Campionatos do Mundo Juniors, levándose a casa varios títulos mundiais. Entre estes estaba Ryan Bayley, que en 2002 converteuse en campión do mundo junior de velocidade e medalla Olímpica nos seguintes anos cunha carreira marabillosa.
De 1999 a 2004 participou na categoría de Master, gañando todas as carreiras da súa categoría, unhas 14 ao ano. Neste mesmo periodo participou nos Mundiais Máster de estrada en St. Johan en Australia e en pista en Manchester (Inglaterra), co resultado de 13 títulos mundiais na categoría Máster.
Lamenta non correr en estrada con máis seriedade, xa que podería gañar clásicas dun día ou etapas nalgunha das tres grandes Voltas, pensa que non soubo estar nunca no lugar correcto no momento adecuado para chamar a atención dalgúns dos grandes patrocinadores.
A súa maior satisfacción hoxe en día e logo de toda esa carreira de éxitos deportivos, é o poder correr e competir coa beleza dos 61 anos e, ás veces capaz de derrotar a algún mozo ciclista cun pouco da táctica e da experiencia.
Actualmente vive uns meses en Italia, Forli, e o resto do ano en Australia. A súa esposa é italiana e ten toda a familia na Romaña, di estar namorado dos outeiros e do fermoso país en xeral, á vez que así está preto das dúas familias.
Profesional de 1973 a 1997. 
TRIUNFOS: 1974, vencedor dos Seis Días de Sydney.
1976, vencedor dos Seis Días de Gante.
1978, vencedor dos Seis Días de Amsterdam, Copenhague, Herning, Launceston, Londres e Amberes. Campión de Europa de Omnium.
1979, vencedor dos Seis Días de Bremen, Francfort, Gante e Maastricht. Campión de Europa de Omnium.
1980, vencedor dos Seis Días de Colonia, Grenoble, Hannover, Londres, Münich e Munster.
1981, vencedor dos Seis Días de Münich, Munster e Rotterdam. Campión do Mundo de Keirin.
1982, vencedor dos Seis Días de Dormund, Franfort, Gante e Herning. Vencedor da reunión de pista de Essen e Francfort.
1983, vencedor dos Seis Días de Berlín e Dormund. Vencedor da reunión de Pista en Betzdorf e Amager.
1984, vencedor dos Seis Días de Berlín e Launceston. Campión de Europa de derny. Vencedor da reunión de pista de Sinderfingen.
1985, vencedor dos Seis Días de Berlín, Colonia e Maastricht. Campión de Europa de derny. Vencedor da reunión de pista en Yarmouth.
1986, vencedor dos Seis Días de Paris, Berlín, Copenhaguen, Dormund, Francfort, Gante, Launceston e Rotterdam. Vencedor da reunión de pista en Walsall e Glasgow.
1987, vencedor dos Seis Días de Amsterdam, Copenhague, Dortmund, Francfort, Gante, Maastricht e Rotterdam. Vencedor da reunión de pista en Nova York e Hamme.
1988, vencedor dos Seis Días de Paris, Berlín, Bremen, Copenhague, Dortmund, Münich e Rotterdam. Campión do Mundo de Semifondo.
1989, vencedor dos Seis Días de Bremen, Colonia, Copenhague e Grenoble. Campión de Europa de derny.
1991, vencedor dos Seis Días de Berlín e Bremen. 
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1982 e 1983, segundo nos Campionatos do Mundo de Keirin. 1985 e 1987, segundo nos Campionatos do Mundo de semifondo. 1990, terceiro nos Campionatos do Mundo de semifondo.
EQUIPOS: 1973-1975, Carlos Cycles. 1976, Carlos-Galli. 1977, Gios-Torino. 1978, Flandria-Velda-Lano. 1979, Marc Zeepcentrale. 1980, Marc-Carlos-V.R.D. 1981, Panasonic-Shimano. 1982, Reydel. 1983, Fangio-Tönissteiner. 1984-1985, Halfords. 1986-1987, Ever-Ready-Ammaco. 1988, Panasonic-Isostar. 1989, ADR-Nico Lapage. 1990, Histor-Sigma. 1991, Stuttgart Hofbrau. 1992, Subaru-Montgomery. 1993, Unión Fröndenberg. 1994-1995, Die Continental. 1996, RDM New Systems. 1997, Die Continentale-Olympia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario