xoves, 1 de maio de 2014

GEORGES CLAES

Georges Claes, naceu en Lovenjoel, Brabant, (Bélxica), o 7 de xaneiro de 1920. Faleceu aos 74 anos o 14 de marzo de 1994
Ciclista belga de gran clase, rodador e sprinter.
Profesional de 1941 a 1952, durante os cales en 1946 e 1947 gañou a Paris-Roubaix..
TRIUNFOS: 1941, vencedor do Circuíto de Bélxica máis unha etapa, o Gran Premio da Vila de Zottegem e o Tour de Hesbaye.
1942, vencedor do Tour de Hesbaye e o Gran Premio do 1 de maio.
1943, vencedor do Circuíto de Flandes Oriental.
1946, vencedor da Paris-Roubaix.
1947, vencedor da Paris-Roubaix e do Tour de Limburgo.
1949, vencedor do Circuíto de Flandes Oriental e do Circuíto deas Monts du Sud-Ouest. 
Nunca participou en ningunha das tres grandes Voltas.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1942, segundo no Tour de Flandes. 1943, segundo no Campionato de Bélxica de ciclismo en ruta e na Flecha Valona. 1948, terceiro na Paris-Roubaix.
EQUIPOS: 1941 Dilecta-Wolver. 1942 Thompson. 1943 Helyett-Hutchinson. 1944 Trialoux-Wolver. 1945-1948 Rochet-Dunlop. 1949-1952 Thompson.

Ningún comentario:

Publicar un comentario