xoves, 8 de maio de 2014

PIERRE CLEMENS

Pierre Clemens naceu en Redange (Luxemburgo) o 2 de agosto de 1913. Faleceu aos 50 anos en Bettembourg (Luxemburgo) o 26 de agosto de 1963.
Ciclista luxemburgués menos brillante que o seu irmán Mathias Clemens. Unha caída no Tour de Francia de 1937 interrompeu parcialmente a súa carreira, na Volta a Suiza de 1939 foi atropelado por un coche e, finalmente, faleceu ao caer desde o balcón da súa casa.
Profesional de 1936 a 1945.
TRIUNFOS: 1937, vencedor do Campionato de Luxemburgo e da Nancy-Estrasburgo.
1939, vencedor da Volta ao Leste Central.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1936 (4º), 1937 e 1938 abandonou e en 1939 (20º).
Outros resultados dignos de mención: Na Volta a Luxemburgo de 1936 (2º), 1937 (2º) e 1943 (3º).
EQUIPOS: 1936-1940 Alcyón-Dunlop. 1941-1945 Exprese. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario