André Dierickx naceu en
Oudenaarde, Flandes Oriental (Bélxica), o 29 de outubro de 1947.
É un antigo ciclista
belga, un corredor de valor, que non gustaba das grandes carreiras por etapas e
aínda así é posuidor dun bo palmarés. Moi individualista e moi bo na súa época
de amateur chegando a competir na proba de fondo na estrada dos Xogos Olímpicos
de 1968.
Profesional de 1969 a
1981, durante os cales gañou a Frecha Valona en 1973 e 1975.
TRIUNFOS: 1969, vencedor dunha etapa do Tour
de Romandía.
1970, vencedor do G. P.
Banca de Roulers, do G. P. Cerami, das Rexións Flamencas, da Nokere Koerse, da
Kustpijl Heist, dunha etapa do Gran Premio de Midi Libre e da Frecha Costeira.
1971, vencedor da Volta a
Luxemburgo, máis unha etapa, do Tour Oise, máis unha etapa, do G. P. Denain, da
Bruxelas-Bievene, da Fleche de Liedekerke, do Circuíto de Houtland e do
Campionato de Flandes Oriental.
1972, vencedor dunha etapa
da Volta a Bélxica e dunha etapa da París-Niza.
1973, vencedor do
Campionato de Zúric, da Frecha Valona e da Frecha Brabançone.
1974, vencedor da Fayt lle
Franc, de Lle Samyn e do Gran Premio da Vila Zottegem.
1975, vencedor da Frecha
Valona, da Lieja-Ligny, do Gran Premio de Valonia, dunha etapa do Tour
d´Indre-et-Loire e do G. P. Kanton Aargau.
1976, vencedor do G. P.
Unión Dortmund.
1977, vencedor do G. P.
Antibes, dunha etapa da Étoile de Bességes e da Sint-Pieters-Leeuw.
1978, vencedor da Volta a
Bélxica.
1979, vencedor do Circuíto Brabant occidental e dunha etapas
da Volta a Suíza.
1981,
vencedor do Grand prix BriekSchotte.
XIRO DE ITALIA: 1973
(40º).
TOUR DE FRANCIA: 1972
chegou fóra de control, 1974 (55º) e en 1979 abandonou.
Nunca participou na Volta
a España.
Outros resultados dignos
de mención: 1970, terceiro na Amstel Gold Race e terceiro no Campionato de
Zúric.
1972, segundo na Het Volk
e segundo no Tour de Flandes.
1975, terceiro na
París-Bruxelas.
1977, segundo na
Lieja-Bastogne-Lieja
1979, segundo na
París-Bruxelas.
EQUIPOS:
1969 Peugeot-BP-Michelin, 1970 Flandria-Mars, 1971 Watney-Avia, 1972
Beaulieu-Flandria, 1973 Flandria-Carpenter-Shimano, 1974 Merlin Plage-Flandria,
1975 Rokado, 1976 Maes-Rokado, 1977 Maes-Mini Fiat, 1978 Ijsboerke-Gios,
1979-1980 Ijsboerke-Warncke e 1981 Safir-Ludo.