xoves, 9 de xuño de 2016

MARIANO DÍAZ

Mariano Díaz gañador dunha carreira golfa, así
se chamaban ás carreiras de ciclistas non federados.
Mariano Díaz naceu en Villarejo de Salvanés, Madrid (España), o 17 de setembro de 1939. Faleceu aos 74 anos o 5 de abril de 2014.
Foi un ciclista español de primeira liña na década dos 60, que fuxindo da dura vida do campo descobre que ten calidades innatas para a bicicleta e decide abandonar a aixada para converterse nun gran ciclista.
A principios da década dos 60, España atopábase moi atrasada con respecto a Europa no terreo deportivo. Investíase pouco en deporte, polo que as vitorias dos ciclistas españois no concerto internacional podíanse contar cos dedos dunha man.
Mariano Díaz, xorde dunha xeración nada na inmediata posguerra que fai renacer as esperanzas dos afeccionados. Empeza aos poucos a competir en carreiras locais, estendendo o seu radio de acción ás provincias máis próximas e, máis tarde, ao resto de España e mesmo ao estranxeiro.  Aquel novo aspirante a figura era dono dunhas condicións notables pola súa potencia, a súa resistencia e un gran escalador como despois demostrouno ca sua soado galopada de case 200 quilómetros en solitario que lle valeu a sétima etapa do Tour de Francia en 1969.
Mariano Díaz, gran vencedor do Tour do Porvenir
En categoría amateur destacaron as súas dúas vitorias na Volta a Navarra en 1963 e 1964. Aínda que a sua máis importante vitoria conseguiuna en 1965 ao vencer no Tour do Porvir.
Xa en profesionais os seus maiores éxitos foron unha vitoria de etapa no Tour de Francia de 1969, dúas vitorias de etapa na Volta a España nas edicións de 1967 e 1969 e a Volta a Cataluña de 1969.
Foi o único ciclista español que participou nas probas de fondo na estrada e na de 100 km contrarreloxo por equipos dos Xogos Olímpicos de 1964 celebrados en Tokio, finalizando respectivamente nos postos 32º e 8º. Ao ano seguinte participou nos Mundiais de San Sebastián.
Profesional de 1965 a 1971. Debutou en profesionais co recentemente creado Fagor, no que permaneceu ata a súa desaparición, en 1970 vestiu as cores da Caseira e a camisola do Orbea-Legnano en 1971, equipos que desapareceron a metade de tempada.
TRIUNFOS: 1965, vencedor da Volta aos Portos, do Tour do Porvir e da Volta a Navarra.
Mariano Diáz co faxin de gañador da etapa Zaragoza -
Pamplona da Volta a España en 1969.
1966, vencedor da Volta aos Vales Mineiros.
1967, vencedor dunha etapa da Volta a España.
1968, vencedor da Semana Catalá e da Volta a Levante.
1969, vencedor da Volta a Cataluña, do Gran Premio Santander, dunha etapa da Volta a España, dunha etapa da Volta a Suíza e dunha etapa do Tour de Francia.
XIRO DE ITALIA: 1968 (13º).
TOUR DE FRANCIA: 1966 (20º), 1967 retírase e en 1969 antes de terse que retirar gaña unha etapa.
VOLTA A ESPAÑA: 1966 (14º), 1967 (9º, máis unha etapa e o Premio da Montaña), 1969, (13º, máis unha etapa).
Outros resultados dignos de mención: 1968, cuarto na Volta a Romandía e segundo nunha etapa do Xiro de Italia. 1969, terceiro na Volta ao País Vasco.
EQUIPOS: 1965-1969, Fagor. 1970, A Caseira-Bahamontes e 1971 Orbea-Legnano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario