xoves, 23 de xuño de 2016

HERMINIO DÍAZ ZABALA

Hermino Díaz Zabala, naceu en Reocín, Cantabria (España), o 12 de decembro de 1964.
Foi un ciclista español, loitador nato que ademais, tiña calidades para pasar sen grandes apuros a montaña e estar cos mellores nas probas cronometradas. Faltáballe mentalización de líder, polo que era un excelente home de equipo.
Iniciou a súa andaina profesional no Teka, en 1986, e despois de verse enrolado por dúas tempadas no Reynolds e tras axudar a Perico Delgado a gañar o Tour de Francia de 1988, asinou coa ONCE, onde foi un dos homes de confianza de Manolo Saiz, ata que abandonou a práctica profesional activa en 1998.
Durante a súa carreira profesional sempre se preocupou de traballar para os seus diferentes líderes, aínda que sempre tentou aproveitar as oportunidades que lle ofrecían os diversos escenarios da carreira, non en balde, logrou triunfos parciais nas edicións de 1987 e 1988 da Volta a Cantabria e a etapa con final en Benicassim da Volta a España de 1989. Na súa primeira tempada na ONCE, lanzouse en solitario á aventura, aguantando os envites dun pelotón do que chegou a saltar Pedro Delgado. Case 200 quilómetros de cabalgada en solitario que se saldaron co máis grato final.
En 1991, deu a sorpresa ao facerse coa xeral da Tirreno-Adriático, grazas, principalmente, ao seu gran rendemento na crono individual disputada o último día.
Díaz Zabala tras a sua vitoria na Tirreno-Adriático en 1991.
A vitoria nesta proba foi a primeira dun ciclista español, despois del só tres homes lograron tal honra na Carreira dos Dous Mares: Abraham Olano en 2000, Óscar Freire en 2005 e Alberto Contador en 2014. 
Profesional de 1986 a 1998 durante os cales os seus maiores éxitos deportivos logrounos na Volta a España ao obter unha vitoria de etapa na edición de 1989 e a Tirreno-Adriático en 1991.
Despois da súa retirada pasou a formar parte do equipo técnico da ONCE, que posteriormente pasou a denominarse Liberty Seguros.
O seu irmán Pedro, maior que el tamén foi ciclista profesional, ambos levan un hotel de tres estrelas en Santillana del Mar (Cantabria).
Ata o 2006 desempeñou o seu último traballo vinculado ao ciclismo no Liberty Seguros. Durante nove anos estivo en pausa, de feito non saia en bicicleta por falta de tempo, xa que lle resulta máis cómodo saír a correr aínda que lle dába envexa cando via á xente pola estrada, todo o contraria ao seu irmán que seguiun saíndo todos os días.
Con todo, desde o verán de 2015, en que Manolo Saiz anunciase que retornaría ao ciclismo de competición, ao contar co patrocinio da empresa de subministracións enerxéticas Aldro, tirou da experiencia para conformar unha primeira liña de ilustres técnicos, onde se destaca o vello pupilo Díaz Zabala como mánager do equipo Aldro.   
TRIUNFOS: 1987, vencedor dunha etapa na Volta a Cantabria.
1988, vencedor da proba de puntuación para o Gran Premio de Santander e da 4ª etapa da Volta a Cantabria.
1989, vencedor dunha etapa da Volta a España.
1991, vencedor da Tirreno-Adriático, máis unha etapa.
1994, vencedor da 2ª etapa na Volta a Murcia.
1995, vencedor da 6ª etapa da Mount Buller (Australia).
XIRO DE ITALIA: 1990 (70º).
TOUR DE FRANCIA: 1988 (118º) e 1990 (90º).
VOLTA A ESPAÑA: 1989 (100º, máis unha etapa.
Outros resultados dignos de mención: 1987, terceiro na 6ª etapa da Volta a Andalucía. 1988, segundo no G. P. Caixa Cantabria e segundo no Memorial Santisteban. 1990, segundo no Grand Prix da Libération. 1991, terceiro na 1ª etapa da Tirreno-Adriático. 1992, segundo na Proba San Juan, (Hernani) e terceiro na Clasificación Xeral Final da Volta a Andalucía. 1994, terceiro no Trofeo Soller (Illas Baleares) e terceiro na Clasificación Xeral Final da Volta a Murcia. 1995, segundo na 1ª etapa da Bay Cycling Classic (Australia), terceiro na 7ª etapa da Bay Cycling Classic (Australia), segundo na 1ª etapa da Mount Buller (Australia), segundo na 5ª etapa da Mount Buller (Australia) e terceiro na Clasificación Xeral Final da Mount Buller (Australia). 1996, segundo na 1ª etapa da Volta á Rioxa, terceiro na 2ª etapa da Volta á Rioxa e segundo na Clasificación Xeral Final da Volta á Rioxa. 1998, segundo na 2ª etapa da Volta á Comunidade de Valencia. 
EQUIPOS: 1986 Teka, 1987-1988 Reynolds e 1989-1998 ONCE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario