xoves, 16 de xuño de 2016

VENTURA DÍAZ

Ventura Díaz Arrey alcumado o Tartaja, naceu na Albericia, Santander (España), o 26 de agosto de 1937.
Foi un ciclista español pro dos anos 60 e 70 que se distinguiu sobre todo nas probas por etapas nas que sobresaíu a súa gran profesionalidade ao longo da súa dilatada carreira.
Profesional de 1961 a 1976, durante os cales a súa principal vitoria conseguiuna en 1970, ao gañar a Volta a Levante..
TRIUNFOS: 1961, vencedor dunha etapa da Volta a Cataluña.
1964, vencedor dunha etapa do Tour do Porvir.
1965, vencedor da Volta a Burgos e Medalla de prata do Campionato Mundial de Ciclismo en Ruta en contrarreloxo por equipos.
 1970, vencedor da Volta a Levante, dunha etapa da Midi Libre e da Volta aos Vales Mineiros, máis unha etapa.
1971, vencedor da clasificación da montaña da Volta ao País Vasco.
1973, vencedor dunha etapa da Volta á Rioxa.
1975, vencedor dunha etapa da Volta ao País Vasco.
Outros resultados dignos de mención: 1964, terceiro na clasificación xeral da montaña na Volta a España. 1965, terceiro na 18ª etapa da Volta a España. 1968, segundo na 18ª etapa da Volta a España. 1970, segundo na clasificación xeral do premio da montaña. 1973, terceiro na klasica de Primavera de Amorebieta. 1975, terceiro no Gran Premio de Llodio.
XIRO DE ITALIA: 1976 (38º).
TOUR DE FRANCIA: 1967 (41º) e 1971 (33º).
VOLTA A ESPAÑA: 1962 abandoa. 1964 (21º), 1965 (23º), 1967 (43º), 1968 (15º), 1969 (28º), 1970 (12º), 1971 (18º), 1972 (15º), 1973 (21º), 1974 (9º), 1975 (19º) e 1976 (21º).
EQUIPOS: 1961-1963 Ferrys. 1964 Olsa. 1964 Pregon-Inuri-Licor 43. 1965 Olsa. 1966-1968 Ferrys. 1969 Karpy. 1970-1972 Werner. 1973-1974 Monteverde. 1975 Monteverde-Sanson e 1976 Teka.

Ningún comentario:

Publicar un comentario