Louis Gauthier naceu en Blanzy
(Francia) o 12 de abril de 1919. Morreu aos 89 anos o 6 de agosto de 2005 en
Autun (Francia).
Foi un ciclista francés que pola súa
potencia chamábanlle o rompecadeas.
Subiu ao podio das principais
carreiras en liña francesas do seu tempo. En 1944 foi segundo na Paris-Tours,
precedido no sprint polo seu compatriota Lucien Teisseire carreira na que tamén foi cuarto en 1942 e na
que obtivo bos resultados noutras ocasións; tamén en 1946 concluíu segundo por detrás de Émile Idée . En 1946 xogouse a
vitoria no sprint da Paris-Roubaix, cos belgas Georges Claes (gañador), e
Lucien Vlaemynck, finalizando segundo.
Tamén era capaz de boas actuacións
nas contrarreloxo, foi terceiro no Grand Prix das Nations en 1941.
En 1947 participou no seu primeiro e
único Tour de Francia, retirouse durante a terceira etapa.
Profesional de 1941 a 1955.
TRIUNFOS: 1943, vencedor do
Criterium Nacional.
1945, vencedor da Bucles do Sena.
1946, vencedor da Montceau les Mínes-Saint
Etienne e da París-Montceau les Mínes.
1950, vencedor de G. P. Eco de
Morvan.
1951, vencedor do Circuíto Montes
Livradois.
1952, vencedor da París-Montceau les
Mínes e do Circuíto Saône e Loira.
Nunca participou no Xiro de Italia
nin na Volta a España.
A única vez que participo no Tour de
Francia foi no ano 1947 retirándose na terceira etapa.
Outros resultados dignos de mención:
1941, terceiro no G. P. Nacionais. 1944, segundo en París-Tours e en 1946,
segundo na París-Roubaix.
EQUIPOS: 1941 Delagne. 1942-1944 Mercier. 1945 Mercier-Metrópole.
1946-1947 Mercier. 1948 Mercier-Metrópole.1949 Mercier. 1950-1951 Terrot. 1952
Vanoli. 1953-1955 Peugeot.
Ningún comentario:
Publicar un comentario