Pierino Gavazzi naceu en Provezze dei Provaglio de Iseo, provincia de
Brescia (Italia), o 4 de decembro de 1950.
Foi un veterano corredor italiano
exemplo a seguir, pois, sen desatender as súas funcións de gregario, grazas a
ser un dos mellores sprinters dos anos 70-80, conta cun bo palmarés e, ademais,
converteuse nun dos ídolos mundiais, xa que aos 40 anos pediu ao máximo
organismo mundial un permiso especial para seguir pedaleando.
Cunha saúde perfecta e unha clase recoñecida, foi todo un símbolo no
mundo da bicicleta: o seu carácter e temple foron respectados no pelotón coma
se fose o mestre.
Os seus fillos Francesco (Team Astana) e Mattia (Amore & Vita-Sele
SMP) son tamén ciclistas profesionais.
Na actualidade é director deportivo do equipo Amore &Vita-Sele SMP,
conxunto que dirixe desde 2006. Profesional de 1973 a 1992, durante os cales
conseguiu 62 vitorias, entre as que destacan a Milán-San Remo, os tres Campiónatos
de Italia de fondo na estrada, e a clasificación por puntos da Volta a Suíza.
TRIUNFOS: 1974, vencedor dunha etapa do Xiro de Italia.
1975, vencedor de tres etapas da Volta a Cataluña.
1976, vencedor dunha etapa da Volta a Cataluña.
1977, vencedor do Xiro de Puglia e dunha etapa do Xiro de Italia.
1978, Campión de Italia de fondo na estrada, dunha etapa do Xiro de
Italia, dunha etapa do Circuíto de Romandía e vencedor da Milán-Turín.
1979, vencedor do Trofeo Lagueglia e do Xiro de Campania.
1980, vencedor da Milán-San Remo, da París-Bruxelas, dunha etapa do Xiro
de Italia, dunha etapa do Xiro de Puglia e do Xiro de Romagna.
1981, vencedor do Gran Premio Montelupo, do Gran Premio Larciano, dunha
etapa do Xiro de Italia e do Xiro da Emilia.
1982, Campión de Italia de fondo na estrada, vencedor do Xiro da Emilia,
dunha etapa da Volta a Suíza, dos Tres Vales Varesinos, do Xiro de Veneto,
dunha etapa do Xiro de Puglia e do Xiro de Venecia.
1983, vencedor do Xiro de Reggio Calabria e de dúas etapas do Xiro de
Puglia.
1984, vencedor de Xiro de Romagna, do Trofeo Pantalica, dos Tres Vales
Varesinos e do Gran Premio do Prato.
1985, vencedor da Niza-Alassio, do Trofeo Matteotti e do Trofeo
Larciano.
1986, vencedor de Trofeo Milazzo.
1987, vencedor dunha etapa da Semana Internacional de Coppi e Bartali.
1988, Campión de Italia de fondo na estrada e vencedor da Copa Placci.
1989, vencedor do Trofeo Laigueglia e do G. P. Industrial e comercio de
Prato.
XIRO DE ITALIA: 1973 (85º), 1974 antes de abandonar gaña unha etapa,
1975 (52º), 1976 (68º), 1977 (80º, máis unha etapa), 1978 (63º, máis unha
etapa), 1979 (50º), 1980 (56º, máis unha etapa), 1981 (64º, máis unha etapa),
1982 retírase, 1983 (98º), 1984 (64º), 1986 (106º), 1987 (61º), 1988 (67º) e en
1990 abandona antes de finalizar a carreira.
TOUR DE FRANCIA: 1975 abandona na 15ª etapa, 1976 (63º),
Nunca participou na Volta a España.
EQUIPOS: 1973-1977 Jolli Ceramica. 1978-1979 Zonca-
Santini. 1980-1981 Magniflex-Olmo. 1982-1984 Atala- Campagnolo. 1985-1986
Alata- Ofmega. 1987 Remac- Fanini. 1988 Fanini- Seven Up. 1989 Polli-
Mobiexport e 1990-1992 Amore& Vita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario