Antonio Gelabert Armengual naceu en Santa María do Camí, Baleares
(España), o 7 de setembro de 1921. Faleceu en Palma de Mallorca aos 35 anos en
accidente de coche no Coll de Sóller cando seguía unha
carreira ciclista o 13 de decembro de 1956.
Foi un
ciclista español bo rodador e mellor escalador, sendo tamén dos primeiros ciclistas
españois en volver ao Tour de Francia despois da guerra.
Profesional
de 1946 a 1956 durante os cales os seus maiores éxitos deportivos obtívoos na
Volta Ciclista a España, onde obtivo tres vitorias de etapa, e o Campionato de
España de ciclismo en roteiro onde obtería o triunfo en dúas ocasións.
TRIUNFOS:
1947, vencedor da Subida a Santo Domingo e dunha etapa da Volta a Cataluña.
1948,
vencedor do G. P. da Bisbal.
1949,
vencedor do Trofeo Jaumandreu.
1950,
Campión de España de fondo na estrada, vencedor de dúas etapas da Volta a
España e vencedor da Volta a Cataluña, máis dúas etapas.
1952,
Campión de España de Montaña, vencedor do G. P. de Mallorca, da Volta a Castela, G. P. de Pascua, dunha etapa da Volta a Cataluña e da Volta aos
Portos.
1953,
vencedor da Volta a Asturias e do G. P. de Pascua.
1954,
vencedor dunha etapa da Volta a Levante.
1955,
Campión de España de fondo na estrada, vencedor dunha etapa da Bicicleta Vasca
e dunha etapa da Volta a España.
1956,
vencedor do Circuito Pirenaico.
XIRO DE
ITALIA: 1955 (46º).
TOUR DE
FRANCIA: 1952 (10º), 1953 (47º) e en 1950 abandona a carreira antes de
finalizar.
VOLTA A
ESPAÑA: 1948 (17º), 1950 (9º, máis unha etapa) e 1955 (20º).
Outros
resultados dignos de mención: 1948, segundo no Campionato de España de fondo na
estrada. 1951, terceiro na Midi Libre e en 1956 gaña o premio da montaña na Volta a
Cataluña.
EQUIPOS:
1946-1947 Individual. 1948 Veloc Sport Balear. 1949 Fiorelli, 1950-1951
Individual. 1952 Terrot- Hutchinson. 1953 Métropole-D´ Alessandro.1954 Splendid-D´ Alessandro. 1955 Feru e Splendid-D´ Alessandro. 1956 Faema-Guerra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario