Teño que recoñecer que este louro alemán xunto a Perico Delgado, Álvaro Pino, Sean Kelly, Lucho Herrera e outros moitos foi un dos culpables de que me guste tanto o ciclismo. Foi deses corredores que sempre me fixo vibrar coa súa forza, combatividade, un loitador todo terreo, con ese estilo desgarbado subindo debido a mover grandes desenvolvementos por esa gran potencia, que ademais lle facía ser un potente rodador e ir forte nas crono, formouse no ciclismo español, sendo un dos mellores corredores estranxeiros enrolados no pelotón hispano na década dos 80, aínda que o seu palmarés non reflicte con exactitude a categoría deportiva deste excelente profesional.
A súa carreira quedou truncada tras caer no escuro túnel de 680 metros situado no porto de Cotefablo (Huesca), o cal carecía da suficiente iluminación a 47 quilómetros da meta en Jaca. Localidade onde estaba situada a liña de meta da décimo terceira etapa da Volta a España de 1989. O ciclista sufriu unha fractura tempo-parietal dereita, aínda que sen derrame interno, segundo revelou o escáner que se lle fixo no hospital de Navarra, en Pamplona, polo que os médicos eran optimistas sobre a súa recuperación. Por mor das lesións sufridas tívose que retirar do ciclismo profesional. A organización da Volta foi condeada a pagar unha indemnización de 80 millóns de pesetas, despois de sete anos de preitos, contra a mismísima Unipublic, tras demandar á empresa Caser Seguros, aseguradora da Volta.
O brutal golpe non acabou coa súa vida pero si o mantivo en coma un tempo que os médicos investiron en reducirlle a lesión para logo poder espertarlle e comprobar o seu estado. Todo saíu ben, a súa recuperación foi absoluta aínda que el sempre dixo que aquilo acabou coa súa carreira.
Pertenceu
ao equipo Teka durante case toda a súa carreira profesional. Sempre se
distinguiu pola súa profesionalidade, facendo vivir xornadas inesquecibles na
Volta, na que era o home a bater pola súa forza, decoro e mentalización
deportiva.
Brillou
fundamentalmente na Volta a España aínda que o primeiro posto do podio da
carreira española sempre lle estivo negado, pois das súas oito participacións
en dúas ocasións foi subcampión (1987 e 1988), noutra terceiro (1984) e noutra
cuarto (1986). Tamén gañou o Ciclocrós de Igorre en 1979 cando aínda era
amateur e esa carreira aínda sendo profesional non era da máxima categoría.Profesional de 1982 a 1989 durante os cales logrou 27 vitorias.
Tras a súa retirada como profesional, converteuse en director deportivo do equipo Gerolsteiner.
Agora, vive en Montroig (Tarragona), está casado, ten dous fillos e dirixe campamentos de adestramento para cicloturistas en Cambril. Non se esquece daquilo e o ciclismo débelle que aumentasen as medidas de seguridade e que se eviten os túneles nas carreiras importantes.
Actualmente segue andando en bicicleta, ten apartamentos que aluga, dirixe un hotel, organizando rutas en bicicleta pola zona para os clientes, mesmo, asesorou á concellería de Turismo da localidade na elaboración dun mapa de rutas e sendas para cicloturistas na Costa Dourada. Tamén é director da empresa Diroes Radsport Ferien, especializada en cicloturismo e adoita viaxar a Alemaña un par de veces ao ano, pero a súa vida está en Cataluña.
TRIUNFOS: 1982, vencedor do Gran Premio Benifayó e do Trofeo Luís Puig.
1983,
vencedor da Volta a Valencia, máis unha etapa, unha etapa da Semana Catalá, e
unha etapa da Volta a Castela.
1984,
Campión de Alemaña, unha etapa da Volta a Asturias e Campión de Alemaña de
Ciclocrós.1985, vencedor da Volta a Cantabria, máis unha etapa e Campión de Alemaña de Ciclocrós.
1986, Campión de Alemaña, vencedor da Volta a Cantabria, máis unha etapa, unha etapa da Volta a Murcia e unha etapa da Volta a Aragón.
1987, vencedor da Volta á Rioxa, máis unha etapa e do Criterium de Schoodorf.
1988, vencedor do Trofeo Castela-León, máis unha etapa e do Trofeo Coca-Cola.
1989, vencedor da Semana Catalá e do Criterium de Tarragona.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1984 (64º), 1986 abandonou, 1987 (90º) e 1988 (83º).
VOLTA A ESPAÑA: 1982 (40º), 1983 abandonou, 1984 (3º, máis unha etapa), 1985 (7º), 1986 (4º, máis unha etapa), 1987 (2º), 1988 (2º) e en 1989 antes de abandoar gaña unha etapa.
Outros resultados dignos de mención: 1983 terceiro na Semana Catalá e segundo no Campionato de Alemaña en ruta, 1984 segundo na Semana Catalá, 1985 segundo na Volta a Asturias, segundo na Volta a Burgos e terceiro na Volta a Galicia, 1987 terceiro na Volta a Aragón.
EQUIPOS: 1982 Puch-Eurotex. 1983-1989 Teka.
Ningún comentario:
Publicar un comentario