Anselmo Fuerte Abelenda naceu en
Madrid (España), o 27 de xaneiro de 1962.
Este exciclista español, era o súper
clásico español, daqueles que sempre daba xogo, sobre todo na Volta a España,
pero que non tivo a fortuna de poder gañar unha gran volta por etapas. Sen ser
un escalador nato era o terreo no que mellor se defendía, aínda que tamén no
chairo e mesmo nas cronometradas non adoitaba perder corda. Era esa clase de
corredor completo pero demasiado conformista, polo que lle custaba moito gañar,
iso impediulle dar un salto adiante no seu palmarés.
Criouse no barrio madrileño do Batán
e traballou nunha empresa de fabricación de bicicletas. O seu debut profesional
fíxoo despois da vitoria na Volta á Comunidad de Madrid en 1984.
En 1991, partía como favorito
liderando á ONCE para gañar a Volta a España, pero nesta ocasión, o seu
compañeiro de equipo Melchor Mauri, foi quen levou o gato á auga ao conseguir a
camisola amarela na primeira etapa, converténdose no líder do equipo ao facer
valer a súa forza nas etapas contrarreloxo. Quedaba claro na 7ª etapa, unha CRI
de 47 quilómetros en Cala d´ Or (Baleares), na que Anselmo Fuerte perdeu
demasiado tempo como para poder optar ao título. Aquela edición por suposto
gañouna Melchor.
Profesional de 1985 a 1993.
Tras a súa retirada do ciclismo
profesional, foi comentarista de ciclismo para a cadea SER, retransmitindo as
grandes voltas e colaborador coa Asociación Deporte e Vida.
Tres anos despois da súa retirada,
obtivo o título de director deportivo.
TRIUNFOS: 1986, vencedor dunha etapa
na Volta ao País Vasco.
1987, vencedor da Volta a Tres
Cantos e da Volta a Aragón.
1988, vencedor do Critérium de
Fuenlabrada.
GIRO DE ITALIA: 1992 (49º).
TOUR DE FRANCIA: 1985 (100º), 1986
(31º), 1987 (8º), en 1988 abandonou na decimosegunda etapa, 1989 (29º) e en
1990 (24º).
VOLTA A ESPAÑA: 1986 (9º), 1987
(7º), 1988 (3º e líder durante dous días), en 1989 retírase antes de finalizar
a carreira e en 1990 (3º).
Outros resultados dignos de mención:
1987, segundo nunha etapa do Tour de Francia, 1988 e 1991, segundo na Semana
Catalá, 1989, segundo nunha etapa do Tour de Francia.
EQUIPOS: 1985 Zor- Gemeaz, 1986 Zor-
BH, 1987-1989 BH Sport, 1990-1992 ONCE e 1993 Kelme-Xacobeo 93.
Ningún comentario:
Publicar un comentario