Bernard Gauthier naceu
en Beaumont-Monteux (Francia), o 22 de setembro de 1924. Morreu aos 94 anos en
Grenoble (Francia), o 23 de novembro de 2018.
Foi un dos ciclistas
franceses máis populares da década posterior á Segunda Guerra Mundial. Era un
corredor xeneroso, leal, honesto e recto, un atacante nato, chamado “Corazón de
León” polo seu gran temperamento e “Señor Bordeus-París”, polas súas catro vitorias
na mesma.
Gañou menos do que
tiña nas súas posibilidades, en parte debido ao exceso de combatividade, e en
parte maior, pola súa disposición ao xogo en equipo. Gauthier, gañou ou perdeu
grandes logros e, por isto, debe ser considerado un dos corredores franceses
máis evidentes, na década estelar dos transalpinos, dos anos cincuenta.
Sen chegar ao nivel de
Louison Bobet e Raphaël Géminiani. As súas catro vitorias na Bordeus-París
fixeron que se lle considerase un gran campión.
En 1950 lucio a camisola
amarela durante sete días. O seu éxito na LVI París-Bordeus de 1954 foi grande,
pois unha terrible caída deixouno medio aparvado ao costado da estrada, pero a
súa combatividade fixo que non se detivese, reanudandó a marcha e gañandó
completamente esgotado en París despois de cubir os 551 quilómetros en
15-19-01, a unha media de 35,973 por hora.
Profesional desde 1947
a 1962 durante os cales logrou 30 vitorias, sendo as máis destacadas as catro
vitorias na Bordeus-París, unha etapa do Tour de Francia e o Campionato de
Francia en ruta.
A maior parte destes
anos pasounos baixo as ordes do equipo Mercier.
TRIUNFOS: 1947,
vencedor da Annemasse-Bellegarde-Annemasse e da Bourg-Xenebra-Bourg.
1948, vencedor dunha
etapa do Tour de Francia.
1951, vencedor da Bordeus-París.
1952, vencedor do Tour
do Sueste, máis unha etapa e do G. P. Eco de Alxer.
1953, vencedor do G.
P. Pneumático.
1954, vencedor da
Bordeus-París, de dúas etapas do Critérium Dauphiné e do G. P. Marsellesa.
1955, vencedor dunha
etapa da París-Niza, dunha etapa do Critérium Dauphiné e dunha etapa dos Tres
Días de Anveres.
1956, vencedor do
Campionato de Francia de fondo na estrada, da Bordeus-París, do Criterium de
Ases, dunha etapa do Grande Premio Ciclomotoristico e da Challenge Yellow.
1957, vencedor da
Bordeus-París.
1958, vencedor do Tour
do Sueste.
Nunca participou no
Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1947
(22º), 1948 (24º, máis unha etapa), 1949 (abandona na 10ª etapa), 1950 (17º),
1951 (26º), 1952 (63º), 1953 (75º), 1955 (46º), 1959 (chega fóra de tempo na
13ª etapa) e en 1960 (79º).
Outros resultados
dignos de mención: 1951, segundo no Circuíto de Flandes por detrás de Roger
Decock e segundo na París-Bruxelas por detrás de Jean Gueguen. 1952, terceiro
no Campionato de Francia de fondo na estrada. 1953, terceiro no Circuíto de
Flandes. 1955, segundo na Milán-San Remo despois de Rik Van Looy e en 1956
segundo na París-Bruxelas despois de Van Looy.
EQUIPOS: 1947 Follis-Dunlop. 1948-1951 Mercier-Hutchinson.
1952 Vicini- Mercier-Hutchinson. 1953-1962 Mercier- BP- Hutchinson.
Ningún comentario:
Publicar un comentario