xoves, 29 de outubro de 2020

 Louis "Toto" Gérardin naceu en Boulogne-Billancourt, Altos do Sena (Francia), o 12 de agosto de 1912. Faleceu aos 69 anos en París o 23 de maio de 1982).

Foi un ciclista francés ao que chamaban “Toto”. Elegante velocista que foi campión


mundial de sprint amateur en 1930 con 18

anos, pero que non conseguiu o mesmo como profesional. Posteriormente foi seccionador de pista do seu país.

Profesional entre 1931 e 1958. Destacando no ciclismo en pista, concretamente na velocidade onde conseguiu seis medallas nos Campionatos do Mundo e foi 12 veces campión nacional de velocidade. Durante unha tempada mantivo un romance epistolar con Édith Piaf. Foi no outono de 1951, cando aparece na tormentosa vida da cantante francesa Louis Gérardin, o doce veces campión de ciclismo. Unha historia de amor moi súa: apaixonada, acaparadora, triste e con final amargo. Gérardin era novo e casado e xamais se decidiu a abandonar á súa muller, para desesperación da artista. Comezou así a escribir a Louis frenéticamente desde que o coñecese pero o ciclista poñíallo difícil. A relación coa cantante foi breve pero intensa, tal como mostran as 52 cartas dedicadas el.


Ela tentaba manipular a Gerardin co fin de que ocupase o sitio do seu ex amante, Marcel Cerdan. Farta dos desplantes e con despeito, ela substituíuno cun cantante, o consagrado Jacques Pillis aínda que este non era o seu tipo. Para os seus máis grandes admiradores, durante un ano enteiro a diva implorou e usou toda a súa vea poética para que Louis Gerardin casase con ela. En recompensa Edith construiríalle unha casa. Non podía ser doutro xeito. A ela sempre lle gustaba pagar as contas.

En xuño de 2019 despois de que a casa de poxas “Christie´s” expuxese ao público o legado en prosa das 52 cartas de amor que a cantante francesa Edith Piaf escribiu ao seu amante Louis Gérardin ao que alcumaba "Totó", foron poxadas ditas misivas con faltas de ortografía incluídas e partes subliñadas as cales alcanzaron un prezo de 67.000 euros. Este legado en prosa da cantante revelan a personalidade apaixonada e tortuosa da estrela francesa.

TRIUNFOS:1932, Campionato de Francia de Sprint e Copa de Francia.

1934, vencedor da Challenge Víctor Goddet.

1935, vencedor da Copa de Europa.

1936, Campionato de Francia de Sprint, vencedor da Copa de Europa, da Challenge Víctor Goddet e do G. P. U. V. F.


1937, vencedor da Challenge Víctor Goddet e do G. P. U. V. F.

1938, Récord do Mundo en Bordeus de Tándem, 1 quilómetro parada con Falck Hansen, Campión de Francia de Sprint, vencedor da Challenge Víctor Goddet e do G. P. República.

1939, vencedor do G. P. de París.

1941, Campionato de Francia de Sprint, vencedor da Challenge Víctor Goddet, do G. P. U. V. F. e do G. P. de París.

1942, Campionato de Francia de Sprint, vencedor da Copa de Europa e do Trofeo Francia.

1943, Campionato de Francia de Sprint e vencedor do G. P. de París.

1945, Campionato de Francia de Sprint e vencedor do G. P. República.

1948, Gañador do Guiador de Ouro.

1949 e 1950 Campionato de Francia de Sprint.

Nunca participou en ningunha das tres grandes.

Outros resultados dignos de mención: Campionatos de Francia de Sprint, 1931 (2º), 1933 (2º), 1934 (2º), 1935 (2º), 1937 (2º), 1944 (2º) 1947 (2º), 1948 (3º) e 1955 (2º).

EQUIPOS: 1931-1933 Individuale (Descoñecido), 1934 Ruche- Hutchinson, 1935-1945 Individuale (Descoñecido), 1946 A Gacelle, 1947 Individuale (Descoñecido), 1948 Peugeot- Dunlop, 1949 Follis- Dunlop, 1950-1955 Individuale (Descoñecido).

Ningún comentario:

Publicar un comentario