xoves, 5 de novembro de 2020

DANTE GIANELLO

Dante Gianello naceu en Chiesa, Sondrio (Italia), o 26 de marzo de 1912. Faleceu aos 80 anos o 14 de novembro de 1992 en Privas (Francia).

Foi un ciclista italiano de nacemento pero nacionalizado francés o 22 de xaneiro de 1931.

Emigrara a Francia en 1925 despois de varios desprazamentos instalouse en Niza onde traballou como albanel; en 1931 obtivo a cidadanía francesa e en 1935 converteuse en profesional nas filas de Peugeot, correndo ata o verán de 1945 cando, debido a un grave accidente, viuse obrigado a poñer fin á súa carreira.

Foi un gran escalador de talento. A súa carreira profesional acabou tráxicamente cando no transcurso do Gran Premio do Desembarco do Sur que se celebrou o 15 de agosto de 1945, ía escapado con outros cinco compañeiros de aventura cando un camión do exército americano o embistió á entrada de Marsella, as consecuencias do accidente foron moi graves, tendo que amputarlle una unha perna.

Despois da súa desgraciada retirada converteuse en xornalista deportivo, e en 1949 foi chamado para dirixir a Selección do Sueste no Tour de Francia .

Profesional de 1934 a 1945 durante os cales conseguiu 30 vitorias.

 TRIUNFOS: 1934, vencedor da Niza-Puget-Theniers-Niza.

1935, vencedor da Niza-Tolón-Niza.

1937, vencedor da Turbie.

1938, vencedor do Circuíto Mont Ventoux, dunha etapa do Tour de Francia e do Mont Faron.

1939, vencedor do Tour Vaucluse.

1940, vencedor do G. P. Costa Azul e do Circuíto País Grasois.

1941, vencedor da Midi Libre e da Vichy-Limoges.

1942, vencedor do G. P. Industria Bicicleta, do Circuíto Baixo Limusin e do Mont Chauve.

1943, vencedor do G. P. Alpes.

1945, vencedor da Midi Libre, da Vichy-Limoges e do Circuíto Cidades Auga Auvergne.

Nunca participo no Xiro de Italia.

TOUR DE FRANCIA: 1935 (21º), 1936 abandona na 7ª etapa, 1938 (10º, máis unha etapa) e 1939 (11º).

VOLTA A ESPAÑA: 1942, abandona na 1ª etapa.

Outros resultados dignos de mención: 1935, segundo na Volta ao. País Vasco detrás do Campión italiano Gino Bartali. 1941, segundo no Campionato de Francia (zona sur), só precedido por René Vietto.

 EQUIPOS: 1935 Peugeot-Hutchinson, 1936 Peugeot-Dunlop. 1937 Peugeot-Dunlop-Génial-Lucifer-Hutchinson. 1938 Urago-Wolber-Génial-Lucifer-Hutchinson. 1939 F. Pelisier-Mercier-Hutchinson. 1940-1941 Mercier-Hutchinson. 1942 Helyett-Hutchinson e 1943-1945 France-Sport-Dunlop.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario