Roger Gilson naceu en Dudelange (Luxemburgo) o 19 de setembro de 1947. Morreu aos 47 anos en Dippach (Luxembourg), o 18 de xaneiro de 1995.
Foi un ciclista luxemburgués de bo nivel no seu
país que gañou catro veces o campionato de fondo na estrada.
Profesional de 1969 a 1980 durante os cales os
seus maiores éxitos deportivos logrounos na Volta a España onde obtivo 1
vitoria de etapa, dous campionatos de Luxemburgo de Ciclocrós e o Campionato de
Luxemburgo de ciclismo en roteiro, proba na que se impuxo en 4 ocasións.
TRIUNFOS: 1969, vencedor da Fleche du Sud.
1971, vencedor da Volta a Colombia.
1972, Campión de Luxemburgo de Fondo na
estrada.
1974, Campión de Luxemburgo de Fondo na
estrada.
1975, Campión de Luxemburgo de Fondo na
estrada.
1976, vencedor dunha etapa da Volta a España e
Campión de Luxemburgo de Fondo na estrada.
1977 e 1978 Campión de Luxemburgo de Ciclocrós.
XIRO DE ITALIA: 1973 (38º), 1974 (86º).
TOUR DE FRANCIA: tanto en 1969, como en 1973
retírase antes de finalizar a carreira.
VOLTA A ESPAÑA: 1976 (45º, máis unha etapa).
Outros resultados dignos de mención. 1969,
segundo no Campionato de Luxemburgo de ciclismo en roteiro. 1973, segundo no
Cameonato de Luxemburgo de ciclismo en roteiro. 1977, terceiro no Campionato de
Luxemburgo de ciclismo en roteiro.
EQUIPOS: 1969 Sonolor-Lejeune. 1970
Frimatic-Viva-De Gribaldy. 1971 A. C. B. B. 1972 Rokado. 1973 Ha-Ro-Rokado.
1974-1975 Rokado. 1976 Frisol- Gacelle. 1977 Gios. 1978 Dom Kolsch. 1979
Gerber. 1980 Rauler-Gipiemme.
Ningún comentario:
Publicar un comentario