Entre os afeccionados compite nunha formación da súa terra
natal, a Monsummanese e obtén importantes éxitos.
Exciclista italiano completo. Perfecto coñecedor das súas
posibilidades, o que fixo que fose un home perigosos en calquera proba, ben de
fondo ou dun día. Na Volta a España de 1990 deu toda unha lección de frialdade,
saber estar e seguridade das súas posibilidades. Tamén foi un dos corredores
máis regulares do pelotón para as grandes probas de fondo.
A vitoria máis importante da súa carreira deportiva foi o
triunfo na clasificación xeral da Volta ciclista a España de 1990, derrotando
contra todo prognóstico a ciclistas como Pedro Delgado, Pello Ruiz Cabestany, Miguel Indurain, Parra ou Anselmo Fuerte. Vestiu a camisola amarela durante doce xornadas.
A carreira na que se mostrou máis regular foi o Xiro de
Italia. No seu debut en 1986 xa se impuxo na clasificación dos mozos. O seu
mellor resultado logrouno en 1990, ao terminar 3º por detrás de Gianni Bugno e Charly Mottet. En 1992, o ano da primeira vitoria de Induráin, foi 4º máis un triunfo de etapa.
Como amateur, logrou unha medalla de ouro na proba de 100 km contrarreloxo por equipos dos Xogos Olímpicos de 1984.
Tras retirase do ciclismo profesional foi vivir no seu Toscana, en San Salvatore dei Montecarlo, na provincia de Lucca, unha localidade característica ao pé da espléndida zona montañosa con finos oliveirais e viñedos do coñecido viño Montecarlo.
Nesta mesma localidade ten a sede o club de ciclismo xuvenil
do mesmo nome e o Marco Giovannetti Cycling Club presidido polo apaixonado Luigi Bianchi,
tamén activo no campo organizativo.
Na provincia de Lucca, en Altopascio, unha fermosa cidade tamén coñecida polo seu
exquisito pan, Marco Giovannetti, coida e administra coa familia o hotel de gran
altura "Lle Cerbaie”.
Durante un tempo formou parte da estrutura organizativa de RCS Sport na responsabilidade das saídas do Xiro de Italia.
Con todo, os seus compromisos profesionais obrigárono a tomar unha decisión e, de acordo coa súa esposa e a súa filla, decide abandonar con certo pesar o compromiso con RCS Sport para dedicarse aos labores do hotel.
Con todo, a bicicleta e o ciclismo, noutras formas, están
sempre presentes nos días de Marco Giovannetti.
En 2018 nunha desafortunada saída que tiña como obxectivo
coller unha boa forma para participar nunha cicloturista en España organizada
polo seu amigo Mariño Lejarreta, un imprudente automobilista nun desvío repentino
fai que se vala ao chan fracturándose as vértebras lumbares.
Coa súa coñecida actitude de carácter caracterizada por trazos gentiles e mesurados, no canto de arremeter con vehemencia contra o automobilista culpable, non o denuncia senón que, máis ben, sinala e lembra a urxente necesidade dun maior respecto por quen viaxa en catro rodas fronte a quen está máis expostos a perigos viaxando só sobre dúas rodas.
“Respiro profundamente, choro de dor, pero non podo levantar
o brazo, parar á beira dá estrada e retirarme”, así é o Marco Giovennetti ciclista. Profesional de 1985 a 1994.
TRIUNFOS: 1986, clasificación xeral dos máis novos do Xiro de
Italia.
1987, vencedor dunha etapa do Xiro de Italia e dunha etapa da
Volta a Suíza. 1990, vencedor da Volta a España.
1992, Campión de Italia de fondo na estrada e unha etapa do
Xiro de Italia. XIRO DE ITALIA: 1985 (14º), 1986 (8º), 1987 (6º, máis unha
etapa), 1988 (6º), 1989 (8º), 1990 (3º), 1991 (8º), 1992 (4º), 1993 (28º) e en
1994 abandona.
TOUR DE FRANCIA: Nas edicións de 1986 e 1990 abandona e en
1991 (30º). VOLTA A ESPAÑA: 1989 (26º), 1990 (1º), 1991 (18º), 1992 (4º) e en
1993 abandona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario