xoves, 24 de novembro de 2011

PIERINO BAFFI.

PIERINO BAFFI
Pierino Baffi. Naceu en Vailate (Italia), o 15 de septembro de 1930. Faleceu con 51 anos en Bérgamo o 27 de marzo de 1981.
Foi profesional dende 1954 a 1965.
Participou en once Xiros de Italia, seis Tours de Francia e dúas Voltas a España e sempre terminou. Foi un rodador (sprinter) apreciable que traballou sempre notablemente no seu equipo, alcanzando ademais numerosas vitorias individuais, como independente gañou o Premio Abbietegrosso en 1954.
Logrou éxitos de etapa nas tres grandes, catro vitorias no Xiro de Italia, cinco no Tour de Francia e catro na Volta a España.
En 1958 conseguiu triunfos de etapa nas tres grandes voltas (unha no Xiro de Italia, tres no Tour de Francia e dúas na Volta a España), algo que só Miguel Poblet lograra ata entón (en 1956, catro no Xiro, unha no Tour e tres na Volta), e que máis tarde igualaria Alessandro Petacchi en 2003 (seis no Xiro, catro no Tour e 5 na Volta).
O seu fillo Adriano Baffi tamen foi ciclista profesional.
TRIUNFOS:
1954.- Gran Premio Paganini.
1955.- Copa Zesile, Copa Gemori e Copa Provincia de Bérgamo.
1956.- Volta a Romaña e a Milán-Vignola.
1959.- Milán-Mantua.
1960.- Xiro de Emilia e Trofeo Fenaroli.
1961.- Gran Premio Faema.
1962.- Trofeo Congnet-Mantua e Trofeo Matteotti.
1963.- Trofeo Matteotti.
XIRO DE ITALIA: 1955 (22º), 1956 (16º e unha etapa), 1957.- (29º), 1958 (23º e unha etapa), 1959 (53º), 1960 37º e unha etapa), 1961.- (67º), 1962.- (46º), 1963.- (77º e unha etapa), 1964.- (91º) e 1965.- (72º).
TOUR DE FRANCIA: 1956.- (55º), 1957.- (23º e duas etapas), 1958.- (63º e tres etapas), 1959.- (60º), 1960.- (68º) e 1962.- (62º).
VUELTA A ESPAÑA: 1955.- (27º e duas etapas) e 1958 (37º e duas etapas.
Outros resultados dignos de mención foi o 3º posto e medalla de bronce no Campionato de Italia de Ciclismo en Ruta do ano 1956.
EQUIPOS:
1954-1956.- Nivea-Fuchs. 1957.- Bif Welter. 1958.- Chlorodont-Leo. 1959.- Ignis-Frejus. 1960.- Ignis. 1961.- Fides. 1962.- Ghigi. 1963-1964.- Molteni. 1965.- Bianchi-Mobylette e 1966.- G.B.C.

Ningún comentario:

Publicar un comentario