xoves, 5 de maio de 2016

CHRISTOPHE DIDIER

Critophe Didier naceu en Luxemburgo o 10 de setembro de 1917. Faleceu aos 60 anos en Estrasburgo (Francia), o 24 de xullo de 1978.
 Foi un ciclista luxemburgués especialista en carreiras por etapas que resultou moi prexudicado pola guerra.
Profesional de 1938 a 1943, durante os cales conseguiu 13 vitorias, entre as que destaca a Volta a Cataluña de 1940.
TRIUNFOS: 1940, vencedor da Volta a Cataluña, máis unha etapa.
1941, vencedor da Volta a Luxemburgo, do G. P. Chemnitz e do Circuíto Esch Sur Alzette.
1942, vencedor da Luxemburgo-Echternach, dunha etapa na Volta a Westmark e dunha proba de persecución.
1943, vencedor do Circuíto Esch Sur Alzette, do G. P. Hollerich, da Wiltz, dunha proba americana e do G. P. Dippach.
XIRO DE ITALIA: 1940 (18º).
TOUR DE FRANCIA: 1938 retírase na 11ª etapa e en 1939 (18º).
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1939, terceiro na clasificación xeral final da Volta a Suíza.
EQUIPOS: 1938 M. Guimbretière. 1939 Alcyon. 1940 Alcyon-Olimpia e 1941-1943 Phänemon.

Ningún comentario:

Publicar un comentario