Leo Duyndam naceu en Honselersdijk (Holanda), o 2 de
xaneiro de 1948. Faleceu en Niza (Francia) aos 42 anos o 26 de xullo de 1990.
Foi un ciclista neerlandés, gran amateur, pasou moi novo ao profesionalismo e ao non obter bos resultados na estrada pasou á pista, onde conseguiu notables éxitos.
Leo Duyndam tiña todo o que un campión pode desexar: un aspecto sorprendente, encanto, unha estatura e capacidade atlética, talento, personalidade cun gran carácter durante o seu desenvolvemento como ciclista, cun gran despregamento e poderío sobre a bicicleta que fixeron que chegase á cima do ciclismo bastante queimado.
En 1966, con 18 anos a Federación Nacional de Ciclismo considerouno demasiado novo para darlle a licenza profesional, pero a finais de 1967 si lla concedeu, sendo seleccionado por Albertus Geldermans para o equipo de ciclismo de Holanda que participaría no Tour de Francia. Con todo, unha lesión do tendón de Aquiles obrígouno a ser substituído por Harm Ottenbros. Non puido participar no Tour pero ese ano converteuse en Campión de Holanda de persecución, gañou o Tour de Limbourg e a primeira etapa da París-Niza.
Profesional de 1967 a 1975, durante os cales combinou o ciclismo na estrada co ciclismo en pista. En ruta destaca unha vitoria de etapa no Tour de Francia de 1972.
Con 28 anos decidiu terminar a súa carreira profesional, emigrando a Tourrettes-sur-Loup no sur de Francia, converténdose nun home de negocios.
Morreu á idade de 42 anos cando sufriu un ataque ao corazón na piscina da súa casa, converténdose nunha lenda do ciclismo para os afeccionados daquela época.
TRIUNFOS: 1968, Campión de Holanda de persecución, vencedor do Tour de Limbourg e dos Seis Días de Gante con Peter Post.
1969, vencedor da Once Vilas.
1970, Campión de Holanda de Persecución e do Tour do Noroeste de Suíza.
1971, vencedor dos Seis Días de Anveres con Post e Pijnen.
1972, vencedor dunha etapa da Volta a Suíza, da Frecha Mosane, dos Seis Días de Anveres con Pijnen e Theofiel Verschueren, dos Seis Días de Berlín con Pijnen, dos Seis Días Frankfurt con Jurgen Tschan, unha etapa do Tour de Francia e dos Seis Días de Róterdan con Pijnen.
1973, vencedor dos Seis Días de Anveres con Gerard Koel e Pijnen, dos Seis Días de Londres con Gerben Karstens, dos Seis Días de Munich con Pijnen, dos Seis Días de Róterdan con Pijnen, Campión de Europa de Madison con Pijnen e dos Seis Días de Zúric con Piet de Dewit.
1974, Campión de Holanda á americana con Pijnen, Campión de Europa á americana con Pijnen, Campión de Holanda Omnium, vencedor do Tour do Sur de Holanda, dos Seis Días de Bremen con Pijnen, dos Seis Días de Róterdan con Pijnen e dos Seis Días de Herning con Ole Ritter.
1975, vencedor dos Seis Días de Herning con Ritter e dos Seis Días de Róterdan con Karstens
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1970 retírase e no 1972 antes de retirarse gaña unha etapa.
VOLTA A ESPAÑA: só participa na edición de 1971 retirandose antes de finalizar a carreira.
EQUIPOS: 1967-1968 Smith´s-Acifit. 1969 Caballero. 1970 Caballero Laurens. 1971-1972 Goudsmit-Hoff. 1973 Frisol. 1974 Frisol-Flair Plásticos. 1975 Van Dijk e 1976 Delbana.

Ningún comentario:
Publicar un comentario