Adriano Durante naceu en Lancenigo dei Villorba,
Treviso (Italia), o 24 de xullo de 1940. Faleceu en Oderzo (Italia) aos 68 anos
o 23 de xuño de 2009.
Foi un ciclista italiano, potente rodador de longas distancias con boas calidades de velocista e bo rematador.
Na súa primeira tempada como profesional, gañou unha etapa no Xiro de Italia e impúxose en catro clásicas do calendario italiano: a Milán-Vignola, o Xiro do Lazio, o Xiro do Piamonte e o Trofeo Matteotti. Outra tempada positiva foi en 1965, cando gañou entre outros a Copa Bernocchi, dúas etapas do Xiro de Italia e unha no Tour de Francia.
A carreira que mellor se lle deu nos seus oito anos de profesional foi a Milán-Vignola que a gaño en tres ocasions, en 1963, 1966 e 1970, terminando en segundo lugar en 1964. Outro dato curioso é que nesta competición obtivo a súa primeira vitoria e a última da súa carreira profesional, que abandonou en 1974.
En dúas ocasións vestiu a camisola azul da selección italiana disputando os Mundiais de Renoix en 1963 e en 1964 en Sallanches, terminando en ambas no posto 14º.
Profesional de 1963 a 1974, durante os cales conseguiu 19 vitorias, entre as cales destacan tres etapas no Xiro de Italia e unha no Tour de Francia.
TRIUNFOS: 1963, vencedor do Trofeo Cougney, do Xiro de Campania, do Xiro do Piamonte, do G. P. de Vignola, dunha etapa do Xiro de Italia, da Milán-Vignola e do Xiro do Lazio.
1964, vencedor do G. P. Ceramista e do Xiro de Romagna.
1965, vencedor do Xiro de Reggio Calabria, de dúas etapas do Xiro de Italia, dunha etapa do Tour de Francia, da Subida ao Col de San Martino, dunha etapa da Volta a Andalucía e da Copa Bernocchi.
1966, vencedor da Milán-Vignola e dunha etapa da París-Niza.
1967, vencedor da Aiello do Friuli.
1968, vencedor do G. P. de Prato e dunha etapa das Catro Díaz de Dunkerque.
1969, vencedor dunha etapa na Tirreno-Adriática.
1970, vencedor da Milán-Vignola.
XIRO DE ITALIA: 1963, antes de abandoar gaña unha etapa, 1964 (75º), 1965 (65º, máis dúas etapas), 1966 (57º), 1968 (79º), en 1969 abandoa e en 1970 (96º).
TOUR DE FRANCIA: 1965, (73º, máis unha etapa), 1967 (80º) e 1970 (99º).
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1963, segundo no Xiro de Lombardía e segundo no Trofeo Matteotti. 1964, segundo na Milán-Vignola. 1966, segundo na Milán-San Remo e segundo no Tour de Flandes. 1968, terceiro na Milán-San Remo.
EQUIPOS: 1963-1964 Legnano, 1965 Ignis, 1966-1967 Salvarani, 1968 Max Meyer, 1969-1970 Scic, 1971 Toffletto e 1974 Filcas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario