xoves, 22 de decembro de 2016

RAFAEL DIAZ JUSTO

Rafael Diaz Justo, alcumado “O Pulga”, naceu en Gerindote, Castela a Mancha (España), o 8 de novembro de 1972.
Ciclista español que debutou no ciclismo con 10 anos. Fixo o seu último ano como amateur na selección amateur do Banesto en 1994, terminando terceiro coa selección española Sub-23 no Xiro das Rexións ese mesmo ano. A finais de 1994 fichou co equipo ONCE de Manolo Saiz, equipo no cal efectuou toda a súa carreira profesional baixo un rol de gregario.
Por equipos, impúxose en catro ocasiones en contrarreloxo, en 2000 e 2001, formou parte do equipo ONCE que gañou  a contrarreloxo por equipos da Volta a Cataluña. En 2002, gañou a crono por equipos da Volta a Burgos e da Volta a España.
Outros bos resultados a destacar son o seu segundo posto na Clásica de Ordizia en 2001 e a terceira praza do Circuíto de Getxo en 2000. Representou tres veces a España nos Campionatos do Mundo de 2000 a 2002 aínda que nunca conseguiu acabar a proba, axudou a Óscar Freire a lograr a medalla de bronce en 2000 e a de ouro ao ano seguinte.
Profesional de 1994 a 2004, durante os cales gañou dúas carreiras individuais, unha etapa do Tour do Porvir en 1996 e unha etapa da Volta a Galicia en 1998.
En 20013 puxo en marcha MerKabici.es, un portal de bicicletas, roupa, accesorios e compoñentes de ocasión, onde facilita e dinamiza o mercado de segunda man entre particulares e doutra banda promociona todas as tendas especializadas en ciclismo, cicloturismo, descenso, BMX, etc.
Os profesionais do sector tamén teñen cabida neste mercado, facilitándolles a venda de excedentes de stock a través de diversos sistemas de promoción e anuncios múltiples.
TRIUNFOS: 1996, vencedor dunha etapa do Tour do Porvir.
1998, vencedor dunha etapa da Volta a Burgos.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1998 abandonou, 1999 (58º).
VOLTA A ESPAÑA: 1999 (57º), 2000 (33º), 2001 (54º) e 2002 (62º).
EQUIPOS: 1994-2003 ONCE.2004 Liberty Seguros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario