xoves, 7 de decembro de 2017

VICTOR FONTAN

Víctor Fontan naceu en Nay, Pireneos Atlánticos (Francia), o 18 de xuño de 1892. Faleceu aos 89 anos en Saint Vincent (Francia), o 2 de xaneiro de 1982.
“O Rey dos Pireneos”, foi un ciclista francés que destacou durante os anos vinte do século XX.
De pequeno, a súa familia estableceuse en Nai, proveniente da súa Pau natal. Tivo unha longa carreira deportiva, primeiro destacando a nivel rexional e máis tarde no Tour de Francia. En 1913 conseguiu os primeiros éxitos, pero a Primeira Guerra Mundial freou a súa progresión. Ao acabar a contenda, converteuse no mellor ciclista do sueste de Francia, acumulando vitorias, pero mostrouse pouco propenso a ir correr lonxe da casa.
Houbo que esperar a 1926 a que Fontan demostrase a súa clase internacional gañando a Volta a Cataluña. Ao ano seguinte volveu gañala, o mesmo que a Volta a Euskadi ante os mellores ciclistas do momento como eran André Leducq e Nicolás Frantz.
Con 36 anos, en 1928 participou no Tour de Francia acabando en sétima posición e gañando unha etapa. O mestre dos escaladores chegaba ao Tour de Francia de 1929 como un dos favoritos, e demostrouno conseguindo a camisola amarela na etapa de Luchón, pero ao día seguinte rompeu a pinza da súa bicicleta a poucos quilómetros da súa casa. O regulamento da época obrigáballe a ter que reparala el só. Durante unha hora golpeou desesperado todas as portas dunha aldea en busca de axuda. Tratou de continuar a pé, pero dada a imposibilidades de alcanzar a meta da etapa (quedabanlle máis de 300 km.), e ao ver que todos os seus rivais pasáranlle decidiu abandonar a carreira cando lucia a camisola amarela do Tour.
Profesional de 1913 a 1931.
TRIUNFOS: 1913, vencedor da Toulouse-Bordeus.
1923, vencedor da Volta a Guipúscoa, do Tour do Suroeste e do Circuíto de Correze.
1926, vencedor da Volta a Cataluña, máis tres etapas, da San Pedro de Irún e da Bordeus-A Rochelle.
 1927, vencedor da Volta a Cataluña, máis dúas etapas, da Volta ao País Vasco, máis unha etapa, do Criterium Midi, da Volta a Acha e do Circuíto de Bearn, máis dúas etapas.
1928, vencedor dunha etapa do Tour de Francia.
1929, vencedor do pequeno Tour do Sueste.
1930, vencedor do Circuíto a Correze e do Gran Premio da Cota de prata.
XIRO DE ITALIA: 1928 (4º).
TOUR DE FRANCIA: 1924 abandona na 5ª etapa, 1928 (7º, máis unha etapa), en 1929 abandona na 10ª etapa e 1939 abandona na 9ª etapa.
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1924, terceiro na Omloop van het Zuiden, segundo no Tour du Sud- Ouest e terceiro na Volta ao País Vasco. 1925, terceiro no Tour du Sud- Ouest e segundo na Volta a Guipúscoa. 1926, segundo na Omloop van het Zuiden e terceiro na Volta ao País Vasco. 1930, terceiro no Mont Faron.
EQUIPOS: 1923-1927 Individual. 1928-1929 Elvish- Wolder e Wolsit. 1930 Pirelli e 1931 Elvish- Wolver.

Ningún comentario:

Publicar un comentario