Dominique
Forlini naceu en París (Francia), o 14 de setembro de 1924. Faleceu aos 90 anos
en Sèvres (Francia), o 17 de outubro de 2014.
Foi un
ciclista francés de grandes calidades para carreiras de estrada, pero que se
orientou cara á pista.
Profesional
de 1948 a 1962 durante os cales conseguiu 13 vitorias, destacando as dúas
vitorias de etapa do Tour de Francia de 1954.
TRIUNFOS:
1950, vencedor da Bour-Lonste Saunier e da París-Valenciennes.
1951,
vencedor do Tour Este, dunha etapa do Tour do Sueste e do Circuíto A Viena.
1952,
vencedor do G. P. Niza, dunha etapa do Gran Premio de Graville e do Tour
Correze.
1954,
vencedor dos Seis Días de Berlín con Émile Carrara, de dúas etapas do Tour de
Francia, do G. P. Quillan e dos Seis Días de Bruxelas con Georges Senfftleben.
1955, vencedor do Campionato de Francia á
americana con Georges Senfftleben, dos Seis Días de Frankfurt con Georges Senfftleben
e do Premio Dupré-Lapize con Georges Senfftleben.
1956,
vencedor dos Seis Días de Copenhague con Georges Senfftleben.
1959,
vencedor do Premio Dupré-Lapize con Pierre Brun e do Gran Premio dos
Traballadores Sociais.
Nunca
participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1949 abandona na 5ª etapa,
1950 abandona na 18ª etapa, 1951 abandona na 14ª etapa, 1954 (32º, máis dúas
etapas) e en 1955 abandona na 10ª etapa.
EQUIPOS: 1948 Colibri, 1949 Mercier, 1950 Mercier-Hutchinson, 1951
Tigra, 1952-1953 Alcyon, 1954 Ideor, 1955 Gitane, 1956-1957 Alcyon, 1958 Essor,
1959 Condor, 1960 Libéria-Grammont, 1961 Libéria-Grammont-Wolber e 1962
Margnat-Pomba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario