Jean Forestier naceu en Lyon, Ródano (Francia), o 7 de
outubro de 1930. Foi un antigo ciclista francés con grandes condicións, pero
escasa confianza en si mesmo.
Profesional de 1953 a
1965 durante os cales gañou entre outras carreiras a París-Roubaix, o Circuíto de Flandes e a Clasificación por puntos do Tour de Francia de 1957,
nesta mesma edición luciu a camisola amarela de líder durante dous días.
TRIUNFOS: 1953, vencedor da Polymultipliée.
1954, vencedor da Volta a Romandía, máis unha etapa.
1955, vencedor da París-Roubaix, dunha etapa do Tour do Sur-Este, dunha etapa do Tour de
Francia e do G. P. de Cannes.
1956, vencedor do Circuíto de Flandes e dunha etapa do Tour de Francia.
1957, vencedor da Volta a Romandía, máis dúas etapas,
do Critérium Nacional, dunha etapa do Tour de Francia, dunha etapa da Dauphiné Liberei e do G. P. de Europa por equipos.
1958, vencedor dunha etapa da Dauphiné Liberei.
1960, vencedor do Rexións Flamencas.
1961, vencedor do G. P. Parisié, por equipos e dunha etapa do Tour de Francia.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1953 (39º), 1954 (27º, máis unha etapa),
1955 (32º, máis unha etapa), 1956 (12º, máis unha etapa), 1957 (4º, máis a
clasificación por puntos), 1958 abandona, 1959 (33º), 1960 abandona, 1961 (35º,
máis unha etapa) e 1962 (36º).
Outros
resultados dignos de mención: 1956, terceiro na Volta a Luxemburgo e na París- Roubaix. 1957, terceiro no Campionato de Francia de fondo na
estrada. 1959, segundo no Campionato de Francia de fondo na estrada. EQUIPOS: 1953 Follis. 1954-1956 Follis- Dunlop. 1957-1958 Essor- Leroux. 1959-1960 Helyett- Leroux. 1961 Alcyon- Leroux. 1962 Gitane- Leroux e 1963-1965 Peugeot- BP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario