xoves, 26 de abril de 2018

JOSEF FUCHS

Josef Fuchs naceu en Unteriberg (Suíza), o 24 de xullo de 1948.
Ex ciclista suízo que competiu nas modalidades de ruta e pista. Bo rodador e estupendo escalador. Especialista en carreiras por etapas que preferiu exercer de gregario de ciclistas da talla de Franco Bitossi, Luís Ocaña, Francesco Moser, Giovanni Battaglin e Giuseppe Saronni.
Gran esquiador de fondo e Campión suízo de persecución amateur. Ademais en 1969, gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Ciclismo en Ruta na contrarreloxo por equipos.
En pista obtivo a medalla de prata no Campionato do Mundo de 1971, na proba de persecución individual.
Profesional de 1972 a 1981.
TRIUNFOS: 1972, Campión de Suíza de fondo na estrada, vencedor do G. P. de Lancy, do Xiro de Toscana, dunha etapa na Tirreno-Adriático e do Trofeo Cougnet.
1973, Campión de Suíza de fondo na estrada.
1974, vencedor da Cronostaffeta con Moser e Ritter.
1976 e 1977, vencedor da Grabs-Voralp.
1978, vencedor dunha etapa da Tirreno-Adriático.
1979, vencedor dunha etapa da Volta a Suíza, da Rubd Um die Rigi-Gersau, dunha etapa da Volta a Cataluña e dunha etapa da Tirreno-Adriático.
1980, vencedor dunha etapa da Volta a Suíza.
1981, vencedor da Lieja-Bastogne-Lieja por descualificación de Van de Velde e vencedor do G. P. Lugano.
XIRO DE ITALIA: 1972 (30º), 1974 (25º), 1977 (22º), 1979 (8º), 1980 (8º) e 1981 (5º).
TOUR DE FRANCIA: 1975 (8º) e en 1976 abandona.
VOLTA A ESPAÑA: 1976 (8º).
Outros resultados dignos de mención: 1978, terceiro na Volta a Suíza. 1980 e 1981 segundo na clasificación xeral final da Volta a Suíza.
EQUIPOS: 1972-1975 Filotex, 1976 Super Ser, 1977 Sanson, 1978 Fiorella-Citröen, 1979 Scic, 1980 Gis Gelati e en 1981 Cilo- Aufina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario