xoves, 19 de abril de 2018

MOGENS FREY

Mogens Frey, naceu en Glostrup (Dinamarca), o 2 de xullo de 1941.
Ex ciclista danés, bo rodador que competiu con éxito tanto na estrada como na pista. Gañou, xunto con Gunnar Asmussen , Per Lyngemark e Reno Olsen , unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos do verán de 1968 na persecución por equipos de 4 km e terminou segundo individualmente. Tamén gañou un mundial e sete nacionais de pista. Fíxose profesional tras bater o récord da hora. Recalificado amateur e outra vez profesional, sen éxito.
Con todo, é máis famoso pola forma en que gañou a 9ª etapa no Tour de Francia de 1970. Aquí derrotou ao líder do seu propio equipo. Joaquim Agostinho foi o primeiro en chegar á liña de meta, pero foi inmediatamente descualificado por pecharlle o paso de maneira irregular o que fixo frear o avance do seu gregario.
Frey tamén gañou o evento de persecución individual no campionato mundial de 1968 e terminou segundo en 1967 detrás de Gert Bongers .
Profesional de 1970 a 1971.
TRIUNFOS: 1970, vencedor dunha etapa do Tour de Francia.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1970 (59º, máis unha etapa por descualificación do seu xefe de filas o portugués Joaquim Agostinho).
EQUIPOS: 1970 Frimatic-De Gribaldy. 1971 Mobel Mark-Bonanza e Hoover-De Gribaldy.

Ningún comentario:

Publicar un comentario