León Georget naceu en
Previlly sur Claise, Indre e Loira (Francia), o 2 de outubro de 1879. Faleceu
en París (Francia) aos 70 anos o 5 de novembro de 1949.
Foi un ciclista francés que
correu durante o primeiro cuarto do século XX, coa paréntese obrigada da
Primeira Guerra Mundial.
As grandes distancias eran a
súa especialidade, cousa que demostrou na Bol de Ouro, unha carreira que
consistía en percorrer o máximo de quilómetros posibles en 24 horas dando
voltas a unha pista. Gañouna 9 veces entre 1903 e 1919, superando de maneira
habitual os 900 km.
Irmán de Emile, chamado (o
vello) ou (o brutal), era un rodador dunha resistencia fóra do común. A súa
especialidade eran as probas de pista de 24 horas (con adestradores). Con 45
anos aínda foi terceiro nunha delas.
Era o pai do ciclista e
medallista nos Xogos Olímpico de verán de 1936 Pierre Georget gañador da
medalla de prata (1000 metros) e bronce (en tándem).
TRIUNFOS: Vencedor Bol de
Ouro (París) nos anos 1903, 1907, 1908, 1909, 1910, 1911, 1912, 1913 e 1919.
1906, vencedor das 24 horas
de Bruxelas e dos Seis Días de Touluse co seu irmán Emile Georget.
Nunca participou no Xiro de
Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1903
abandona na 5ª etapa. 1906 (8º), 1907 abandona na 10ª etapa e 1908 abandona na
4º etapa.
Outros resultados dignos de
mención: 1903 segundo na Bordeus-París, 1904 segundo na Bol de Ouro, 1906
terceiro na Bol de Ouro, 1910 terceiro na Bordeus-París e en 1924 terceiro na
Bol de Ouro.
EQUIPOS: 1903-1905 Persan-Peugeot, 1906 Alcyon- Dunlop, 1907 A
Francaise, 1908 Wolber e Alcyon- Dunlop, 1909 Alcyon- Dunlop, 1910-1911 A
Francaise, 1912 Griffon- Wolber, 1913 A Francaise, 1914 A Francoise- Diamant,
1915-1917 Automoto, 1918-1919 A Francaise- Diamant, 1920-1921 Peugeor- Wolber e
Alleluia, 1922-1924 Continental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario