JEAN BOBET |
Ciclista francés que foi profesional entre 1949 e 1959.
Licenciado en linguas modernas, polo que lle chamaron logo O Profesor, no mundo do ciclismo, afeccionouse a este deporte ao acompañar frecuentemente nas carreiras ao seu irmán maior, Louison ata que decidiu el tamén probar sorte coa bicicleta. E a verdade é que pronto mostrou as súas boas condicións como corredor, en 1949 proclamouse en Budapet Campión do Mundo Universitario de fondo na estrada e de persecución por equipos; logo, como aspirante, gañou a Volta ao Orne, a proba Lannion-Rennes e o Circuíto do Val do Loira, todo en 1951; e, xa como profesional, colaborou eficazmente no triunfo de Louison Bobet no Tour de Francia. Ao finalizar a súa carreira deportiva foi reporteiro en Radio Luxemburgo e xornalista en L´Equipe e Le Monde. E cando estaba designado para ser o director do novo velódromo parisiense de Bercy non aceptou o cargo co fin de consagrarse aos centros de talasoterapia creados polo seu irmán Louis Bobet, do que escribiu por certo, entre outros libros, unha excelente biografía.
Aos seus 82 anos aínda hoxe segue aparecendo na televisión, en particular nos programas retrospectivos. Xogando un papel decisivo na creación do Museo en memoria do seu irmán en Sant Méen lle Grand. Tamén escribiu varios libros sobre o ciclismo.
TRIUNFOS: 1952 Primeiro na Dinan e primeiro na Hautmont.
1953 O Circuíto de Morbihan e o Gran Premio de Europa.
1955 A París-Niza, máis unha etapa e primeiro na Scaer.
1956 A Xénova-Niza.
1959 Primeiro na Lodéve.
XIRO DE ITALIA: 1953 Abandona. 1957 (25º) e en 1958 abandona na 11ª etapa.
TOUR DE FRANCIA: 1955 (14º) e 1957 (15º).
VOLTA A EspaÑA: 1956 Abandona na 16ª etapa.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: O 1 de novembro de 1954, consegue a marca oficiosa da hora, tras moto: 54,884 km., no Velódromo de Inverno de París.
1955 Terceiro na Milán-San Remo.
EQUIPOS: 1952 Stella-Huret. 1953-1954 Stella-Wolver-Dunlop. 1955-1956 L. Bobet-BP-Hutchinson. 1957 Mercier-BP-Hutchinson. 1958-1959 L. Bobet-BP-Hutchinson.
Ningún comentario:
Publicar un comentario