xoves, 7 de febreiro de 2013

FRANS BONDUEL

FRANS BONDUEL
Frans Bonduel, naceu en Baasrode (Bélgica) o 26 de setembro de 1907. Si como afeccionado gañou a Estrela dos Juniors como única proba importante, como profesional chegou a ser campión da longevidad. Aos 39 anos terceiro na Paris-Niza, logo de gañar unha etapa. Dotado dunha resistencia extraordinaria, tivo especial predilección pola Paris-Bruxelas, na que triunfou dúas veces, outras tres foi segundo e unha máis terceiro. Era un home rapidísimo nos sprits.
Profesional de 1928 a 1947, durante os cales gañou máis de 40 carreiras, entre elas o Tour de Flandes en 1930, a Paris-Tours en 1939 e tres etapas do Tour de Francia. Pasou toda a súa carreira no mesmo equipo, o Dilecta francés. Falecendo aos 91 anos en Dendermonde (Bélgica), o 23 de febreiro de 1998. No seu pobo natal Baasrode ten unha rúa que leva o seu nome.
TRIUNFOS: 1929, o Criterium do Midi (Toulouse-Barcelona), máis unha etapa e o Circuíto de Bélgica.
1930, a Volta a Flandes, a Paris-Lille e a Copa Sels.
1931, o Circuíto de Morbihan.
1932, o GP de Sint-Niklaas e o GP de St-Michel.
1933, a Volta a Limbourg.
1934, a Paris-Bruxelas.
1936, a Paris-Boulogne.
1937, a Copa Sels e a Marsella-Lyon.
1939, a Paris-Bruxelas e a Paris-Tours.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1929, (12º). 1930, (7º, máis unha etapa). 1932, (6º, máis dúas etapas) e 1934, (18º).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1928, unha etapa do Critérium deas Aiglons. 1936, terceiro na clasificación xeral da Volta a Bélgica e unha etapa da Volta a Cataluña. 1937, unha etapa do Critérium de Midi. 1938, segundo na clasificación xeral final, máis unha etapa da Volta a Alemania. 1939, unha etapa da Paris-Niza. 1942, unha etapa do Circuíto de Francia. 1946, unha etapa da Paris-Niza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario