xoves, 20 de marzo de 2014

FRANCISCO CEPEDA

Francisco Cepeda máis coñecido por Paquillo ou o Negro de Sopuerta, naceu en Sopuerta, Vizcaya (España), o 8 de marzo de 1906. Faleceu aos 29 anos en Grenoble (Francia, o 14 de xullo de 1935.
Paquillo empezou a correr moi novo con 16 anos, cos irmáns Dermit e Ezquerra cara ao ano 1923. A Costa das Bonecas, ensínolle a ser trepador. Ía e viña a Bilbao continuamente.
No ano 1925, empezou como profesional e participou en distintas competicións, sendo campión de Bizkaia en varias ocasións, correu a Eibar-Madrid-Eibar e a Volta a España, vestiu a camiseta do Athletic de Bilbao e durante o servizo militar a do Real Madrid.
Entre os ciclistas da época era o máis culto, xa que non había desaproveitado as súas viaxes para ilustrarse.
No seu pobo era xuíz municipal de paz, ata que o deixou para a preparación do Tour, trataba de arranxar os asuntos dos seus conveciños, sen lesión nin resquemor, para que ningún chegase ao xulgado de Balmaseda e a isto uníase algunha representación comercial. Pero as esixencias da preparación deportiva fixéronlle deixar estes traballos, pola carreira ciclista máis importante da súa vida.
No ano 1930, participa por primeira vez no Tour, quedando nun meritorio 27º posto da xeral. En 1931, non contaban con el e a última hora ofrécenlle correr, os franceses que non se decataron que se instalou a segunda república en España danlle un maillot vermello e amarelo, pero isto non foi o peor xa que ten que abandoar a carreira por unha forunculosis que lle fai a vida imposible. Lévano ao Hospital de Basurto (Bilbao) onde lle operan e atopan un forte envenenamiento do sangue. A cura foi longa polos medios daquela época, téndoselle que renovar todo o seu sangue.

Francisco Cepeda, en su lecho
de muerte del Hospital de
Grenoble
A súa terceira participación no Tour foi en 1933, acompañando a un ciclista de gran prestixio en España e Francia Vicente Trueba. Chegou fóra de control nunha etapa e Henri Desgrange, que noutras etapas e por igual causa, tivo compracencias, con Cepeda non as tivo.
Pasou, lamentablemente, á historia do ciclismo por pagar coa súa vida a súa participación no Tour de Francia de 1935. Sucumbiu a unha fractura de cráneo aos tres días dunha terrible caída na etapa Grenoble/Aixles-Bains.
A súa morte foi a primeira dun ciclista na disputa do Tour de Francia, tras sufrir unha gravísima caída no descenso do Col do Galibier, na oitava etapa da edición de 1935, falecendo tres días despois no hospital de Grenoble a consecuencia dos traumatismos ocasionados pola caída.
Era un 11 de xullo e corríase a sétima etapa: Aix-Lles Bains-Grenoble de 299 quilómetros en plenos Alpes, etapa durísima e que non ten bo comezo Gustave Danneels e Antonio Magne son atropelados por un coche e abandonan a carreira pouco antes da fatal traxedia de Francisco Cepeda.
Aínda que a versión oficiosa do Tour di que lle rebentou o tubular dianteiro o que lle provocou a caída, hai quen afirma que logo de coroar o Galibier cos mellores ao baixar Lautaret, foi arroyado por outro vehiculo. Logo de dous atropellos anteriores era normal que non fosen recoñecer un terceiro.
Conducido ao Hospital de Grenoble, confírmase a gravidade do ciclista: fractura da base do cráneo, clavícula e húmero. Practícaselle a trepanación con éxito, pero non recobra o coñecemento. O 14 de xullo sen recuperar o coñecemento morre.
Francisco Cepeda tamén foi o único ciclista de nacionalidade española que correu na edición de 1931 do Tour de Francia, constituíndo en solitario o equipo representante de España naquela ocasión.

Féretro que contiene los restos mortales de Francisco Cepeda,
Vicente Trueba el primero de la izquierda llevando la cinta
Profesional de 1925 a 1935, durante os cales logrou 22 vitorias, sendo a maioría delas probas dun día de carácter local.
TRIUNFOS: 1925, vencedor do Circuíto de Guecho e Baracaldo.
1926, vencedor do Campionato de Vizcaya, 1º en Torrelavega, 1º en Santander, 1º en Tafalla e 1º en Laredo.
1927, vencedor en Sopuerta, Campionato de Vizkaia e vencedor da carreira Nacional-Pista (Burgos).
1928, vencedor da Madrid-Navacerrada e 1º en Torrelavega.
1929, vencedor do circuíto de Pascuas, 1º en Santander, Gran Premio Eibarresa, Carreira internacional de Irún, Circuíto de Pamplona, Volta a Alava e Circuíto de Guecho.
1930, vencedor do Circuíto de Azcoitia e 1º no Campionato Vasco-Montañés (Santander).
1931, vencedor do Circuíto de Azcoitia e 1º en Miranda do Ebro.
1932, vencedor en Arechavaleta da Volta ao Val de Léniz.

Nunca participou no Xiro de Italia
TOUR DE FRANCIA: 1930 (27º).
1931,1933 e 1935 retíranse antes de finalizar.
VOLTA A ESPAÑA: 1935, (17º).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1926, segundo no Circuíto de Getxo.
1927, terceiro no Campionato de España de Fondo en estrada, segundo no Campionato Vasco Contrarreloj e cuarto na Volta a Asturias.
1931, quinto na Subida a Urkiola, terceiro na subida a Mt. Faron (Toulon, Francia) e cuarto no Campionato de España de Ciclo-Cross.

1932, cuarto na subida a Mt. Faron (Toulon, Francia).
EQUIPOS: 1925, Sopuerta Sport. 1926, Vitoria. 1927, Athletic Club. 1928, Real Madrid. 1929, Dilecta. 1930, Unión Ciclista Vitoriana/Soriano.1931, Unión Ciclista Vitoriana. 1932-1933, Sociedade Ciclista Bilbaina. 1934-1935, Orbea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario