Cino Cinelli, naceu en Montespértoli, Florencia (Italia), o 9 de febreiro de 1916. Faleceu aos 85 anos en Montespétoli, Florencia (Italia) o 20 de abril de 2001.
Ciclista italiano rodador e sprinter de primeira liña que fundou e presidiu a Asociación de corredores profesionais italianos.
Era o sétimo dos dez fillos dun pequeno propietario de medios modestos dunha granxa en Florencia.
A introdución de Cino á bicicleta chegou a unha idade temprana, cando el e os seus dous irmáns maiores, Giotto e Arrigo tiñan que percorrer varias millas para ir á escola de Florencia. A natureza competitiva dos mozos transformou o que debería ser unha viaxe de rutina nunha verdadeira carreira que ás veces terminaba en pelexas e puñetazos. Os dous irmáns maiores, contra os desexos do seu pai, comezaron a participar en carreiras de afeccionados locais. Giotto foi especialmente bo, sendo unha inspiración para mozos como Cino, que sempre recordaba con orgullo o día que se puxo de pé nun outeiro da Toscana gloriosa para presenciar a primeira vitoria do seu irmán.
Logo de ver ao seu irmán no máis alto do podio, Cino naturalmente tamén quería ser ciclista, pero primeiro tivo que lidiar coa vehemente oposición do seu pai. En segundo lugar, a situación económica cada vez máis grave da familia forzou a Cino a abandonar a escola aos 14 anos e buscar un emprego. O seu primeiro xefe, un médico que o empregou como axudante de oficina tampouco era partidario de que fose ciclista xa que o vía como un mozo máis ben fráxil e que o seu físico non correspondía para ser ciclista. Fortuna foi, que un día, mentres montaba por un camiño rural, chocou cun coche, bicicleta e ciclista saíron mal parados, pero Cino, botou ás presas, temendo a ira do condutor. O cabaleiro, con todo, arránxollas para pescudar quen era o raparigo e entregarlle a maltreita bicicleta e uns billetes para que a arranxase, recomendándolle que fose máis coidadoso no futuro. A pesar que Cino foi capaz de reparar o seu cacharro, dedicou o diñeiro pra adquirir a bicicleta de carreiras que sempre desexara, pero que de non ser por ese accidente nunca podería permitirse.
O futuro ciclista Cinelli, pronto abandonou o emprego do médico para asumir un novo traballo cun editor. Estaba decidido a educarse a si mesmo, aínda que non puidese asistir á escola. O seu novo xefe animoulle non só aos hábitos de lectura ávidos do novo, senón tamén ás súas aspiracións de carreira, permitíndolle ao aprendiz o tempo necesario para adestrar. Unha das súas primeiras carreiras de afeccionados, en 1931, superou por pouco a un mozo local polo segundo lugar, o devandito ciclista era Gino Bartali. Por certo, o gañador fora un primo de Bartali, que aínda que superara o límite de idade, os xuíces de carreiras sen escrúpulos daquel entón facían a vista gorda ante estas irregularidades.
Nos próximos anos, continúo brillando no circuíto afeccionado local. Pero en 1937, á idade de 21 anos a nova dirección que gestionaba a editorial emitiron un ultimátum: renunciar ás carreiras ou ao traballo.
A decisión era complicada para o mozo Cinelli que quería converterse en ciclista profesional, pero renunciar a un traballo estable nunha economía débil, facíanlle dubidar. Os patrocinadores, naqueles tempos, eran prácticamente inexistentes, tampouco estaba seguro de poderse gañar a vida como ciclista xa que as súas ganancias terían que provir exclusivamente das ganancias dos premios. Apoiado polo seu irmán Giotto, Cinelli apostou polo ciclismo que favorablemente respondeulle xa que o mesmo día que renunciou ao seu traballo recolleu o seu primeiro premio.
No Xiro de Lombardía de 1938, unha vez máis, enfrontábase ao seu principal rival local, Gino Bartali, quen agora tamén era profesional, e unha estrela en ascenso. A carreira desenvolveuse nun duelo épico entre os dous, e, unha vez máis, Cinelli prevaleceu.
Durante os seguintes seis anos, competiu profesionalmente cos equipos Bianchi e Frejus, cosechando vitorias en Clásicas como o Xiro de Lombardía, Xiro dei Piemonte, e o Xiro dei Campania. Pero a súa mellor carreira, foi o seu triunfo na agotadora Milán-San Remo de 1943.
Italia inmersa na Segunda Guerra Mundial, cun goberno fascista que se comprometeu a soster o ciclismo de competición como unha distracción popular. A Cinelli, aínda que era soldado, permitíuselle adestrar e competir como membro do equipo de carreiras do Estado. Gañando unha competición en 1944, pero el xa sabía que os seus días como ciclista estaba finiquitada. A diferenza de Gino Bartali e Fausto Coppi, nunca volveu ás carreiras unha vez que a guerra termino.
Profesional de 1936 a 1944, durante os cales gañou o Tour dos Apeninos no ano 1937, o Xiro de Lombardia en 1938 e a Milán-San Remo de 1943.
Logo de retirarse do ciclismo profesional, tras 15 anos de pedaleo nas pernas e o gusto polas cousas mecánicas decide desenvolver a intuición brillante albiscada no transcurso de moitos quilómetros en todo tipo de estradas funda a Cinelli empresa de bicicletas.
Cini Cinelli en 1948 logo de interesarse pola tecnoloxía da bicicleta ante tantos fallos mecánicos nas carreiras e ante a falta de interese dos propios fabricantes fundou a súa propia empresa aportando as súas propias ideas e experiencia para a fabricación de bicicletas. O seu irmán Giotto facia os cadros e manillares de aceiro en Florencia, Cinelli trasladou o negocio a Milán, centro da industria do ciclismo italiano. Logo de depender de mayoristas para outras empresas, as vendas de cadros e manillares pasaron a ser o 80 por cento da produción en vendas propias de Cinelli.
En 1963, máis tarde que outros fabricantes, xa que Cineli estaba preocupado pola forza, pasou á producción os cadros de aleación pero aplicando os seus propios coñecementos. En 1950 co aceiro vencía 5.000 cadros, aumento a 7.500 as vendas na década de 1960, para xa en 1978 pasar aos 150.000.
En 1974, deseñou unha bicicleta aerodinámica na que Ole Ritter rompeu o seu propio récord da hora.
Algúns recordaranse da súa carreira como ciclista, pero moitos outros, incluídos os propios ciclistas profesionais recordánse por ser o primeiro que lle deu ao ciclismo moderno os manillares de aluminio, o sillín cun núcleo de plástico, as primeiras correas dos pedales e os primeiros pedales de liberación rápida.
O seu vasto inventario incluía, ferramentas, cascos e roupa para o ciclismo co único requisito de que tiña que ser el, o que validase o produto.
O pensamento de Cino Cinelli era diferente, imaginativo, cunha mirada que vía máis aló do presente, transformando os inventos en deseños Cinelli, atopando o camiño ao redor do mundo cambiando a visión da bicicleta. Empezando a xente a falar dun enfoque de deseño total, desfacendose por medio do laser das articulacions e introducindo a soldadura TIG para cadros Cale-Bike. Sendo a única bicicleta italiana en gañar o Compasso d´Ouro en 1991 premio de deseño, así como máis de 28 medallas de ouro en Xogos Olímpicos e Campionatos do Mundo.
Os manillares Cinelli foron elixidos por campións como: Greg Lemond, Laurent Fignon, Bernard Hinault, Claudio Chiappucci, por non falar de Lance Armstrong, Mario Cipollini, Danilo Di Luca, Oscar Freire e Gilberto Simoni.
TRIUNFOS: 1937, vencedor do Xiro Apenino.
1938, vencedor do Xiro de Lombardia e da Copa Bernocchi.
1939, vencedor do Xiro de Campania.
1940, vencedor do Xiro de Piamonte e dos Tres Vales Varesinos.
1942, vencedor do Xiro de Emilia. 1943, vencedor da Milán-San Remo.
XIRO DE ITALIA: 1938, (12º, máis dúas etapas). 1939, (9º, máis unha etapa.
Nunca participou no Tour de Francia nin na Volta a España.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1940, segundo na Coppa Bernocchi e terceiro no Xiro de Lombardia. 1941, segundo no Xiro de Lombardia, segundo no Tour de Veneto e terceiro no Tour du Latium. 1942, terceiro no Xiro dell´Emilia.
EQUIPOS: 1937-1939, Frejus. 1940-1943, Bianchi. 1944, Benotto.
Ciclista italiano rodador e sprinter de primeira liña que fundou e presidiu a Asociación de corredores profesionais italianos.
Era o sétimo dos dez fillos dun pequeno propietario de medios modestos dunha granxa en Florencia.
A introdución de Cino á bicicleta chegou a unha idade temprana, cando el e os seus dous irmáns maiores, Giotto e Arrigo tiñan que percorrer varias millas para ir á escola de Florencia. A natureza competitiva dos mozos transformou o que debería ser unha viaxe de rutina nunha verdadeira carreira que ás veces terminaba en pelexas e puñetazos. Os dous irmáns maiores, contra os desexos do seu pai, comezaron a participar en carreiras de afeccionados locais. Giotto foi especialmente bo, sendo unha inspiración para mozos como Cino, que sempre recordaba con orgullo o día que se puxo de pé nun outeiro da Toscana gloriosa para presenciar a primeira vitoria do seu irmán.
Logo de ver ao seu irmán no máis alto do podio, Cino naturalmente tamén quería ser ciclista, pero primeiro tivo que lidiar coa vehemente oposición do seu pai. En segundo lugar, a situación económica cada vez máis grave da familia forzou a Cino a abandonar a escola aos 14 anos e buscar un emprego. O seu primeiro xefe, un médico que o empregou como axudante de oficina tampouco era partidario de que fose ciclista xa que o vía como un mozo máis ben fráxil e que o seu físico non correspondía para ser ciclista. Fortuna foi, que un día, mentres montaba por un camiño rural, chocou cun coche, bicicleta e ciclista saíron mal parados, pero Cino, botou ás presas, temendo a ira do condutor. O cabaleiro, con todo, arránxollas para pescudar quen era o raparigo e entregarlle a maltreita bicicleta e uns billetes para que a arranxase, recomendándolle que fose máis coidadoso no futuro. A pesar que Cino foi capaz de reparar o seu cacharro, dedicou o diñeiro pra adquirir a bicicleta de carreiras que sempre desexara, pero que de non ser por ese accidente nunca podería permitirse.
O futuro ciclista Cinelli, pronto abandonou o emprego do médico para asumir un novo traballo cun editor. Estaba decidido a educarse a si mesmo, aínda que non puidese asistir á escola. O seu novo xefe animoulle non só aos hábitos de lectura ávidos do novo, senón tamén ás súas aspiracións de carreira, permitíndolle ao aprendiz o tempo necesario para adestrar. Unha das súas primeiras carreiras de afeccionados, en 1931, superou por pouco a un mozo local polo segundo lugar, o devandito ciclista era Gino Bartali. Por certo, o gañador fora un primo de Bartali, que aínda que superara o límite de idade, os xuíces de carreiras sen escrúpulos daquel entón facían a vista gorda ante estas irregularidades.
Cino Cinelli, en 1938 después de la victoria en el Giro de Lombardia |
A decisión era complicada para o mozo Cinelli que quería converterse en ciclista profesional, pero renunciar a un traballo estable nunha economía débil, facíanlle dubidar. Os patrocinadores, naqueles tempos, eran prácticamente inexistentes, tampouco estaba seguro de poderse gañar a vida como ciclista xa que as súas ganancias terían que provir exclusivamente das ganancias dos premios. Apoiado polo seu irmán Giotto, Cinelli apostou polo ciclismo que favorablemente respondeulle xa que o mesmo día que renunciou ao seu traballo recolleu o seu primeiro premio.
No Xiro de Lombardía de 1938, unha vez máis, enfrontábase ao seu principal rival local, Gino Bartali, quen agora tamén era profesional, e unha estrela en ascenso. A carreira desenvolveuse nun duelo épico entre os dous, e, unha vez máis, Cinelli prevaleceu.
Durante os seguintes seis anos, competiu profesionalmente cos equipos Bianchi e Frejus, cosechando vitorias en Clásicas como o Xiro de Lombardía, Xiro dei Piemonte, e o Xiro dei Campania. Pero a súa mellor carreira, foi o seu triunfo na agotadora Milán-San Remo de 1943.
Italia inmersa na Segunda Guerra Mundial, cun goberno fascista que se comprometeu a soster o ciclismo de competición como unha distracción popular. A Cinelli, aínda que era soldado, permitíuselle adestrar e competir como membro do equipo de carreiras do Estado. Gañando unha competición en 1944, pero el xa sabía que os seus días como ciclista estaba finiquitada. A diferenza de Gino Bartali e Fausto Coppi, nunca volveu ás carreiras unha vez que a guerra termino.
Profesional de 1936 a 1944, durante os cales gañou o Tour dos Apeninos no ano 1937, o Xiro de Lombardia en 1938 e a Milán-San Remo de 1943.
Logo de retirarse do ciclismo profesional, tras 15 anos de pedaleo nas pernas e o gusto polas cousas mecánicas decide desenvolver a intuición brillante albiscada no transcurso de moitos quilómetros en todo tipo de estradas funda a Cinelli empresa de bicicletas.
Cini Cinelli en 1948 logo de interesarse pola tecnoloxía da bicicleta ante tantos fallos mecánicos nas carreiras e ante a falta de interese dos propios fabricantes fundou a súa propia empresa aportando as súas propias ideas e experiencia para a fabricación de bicicletas. O seu irmán Giotto facia os cadros e manillares de aceiro en Florencia, Cinelli trasladou o negocio a Milán, centro da industria do ciclismo italiano. Logo de depender de mayoristas para outras empresas, as vendas de cadros e manillares pasaron a ser o 80 por cento da produción en vendas propias de Cinelli.
1940 Tre Valle Varesine: Primeiro Cino Cinelli, segundo Mario Ricci e terceiro Fausto Coppi. |
En 1974, deseñou unha bicicleta aerodinámica na que Ole Ritter rompeu o seu propio récord da hora.
Algúns recordaranse da súa carreira como ciclista, pero moitos outros, incluídos os propios ciclistas profesionais recordánse por ser o primeiro que lle deu ao ciclismo moderno os manillares de aluminio, o sillín cun núcleo de plástico, as primeiras correas dos pedales e os primeiros pedales de liberación rápida.
O seu vasto inventario incluía, ferramentas, cascos e roupa para o ciclismo co único requisito de que tiña que ser el, o que validase o produto.
O pensamento de Cino Cinelli era diferente, imaginativo, cunha mirada que vía máis aló do presente, transformando os inventos en deseños Cinelli, atopando o camiño ao redor do mundo cambiando a visión da bicicleta. Empezando a xente a falar dun enfoque de deseño total, desfacendose por medio do laser das articulacions e introducindo a soldadura TIG para cadros Cale-Bike. Sendo a única bicicleta italiana en gañar o Compasso d´Ouro en 1991 premio de deseño, así como máis de 28 medallas de ouro en Xogos Olímpicos e Campionatos do Mundo.
Os manillares Cinelli foron elixidos por campións como: Greg Lemond, Laurent Fignon, Bernard Hinault, Claudio Chiappucci, por non falar de Lance Armstrong, Mario Cipollini, Danilo Di Luca, Oscar Freire e Gilberto Simoni.
TRIUNFOS: 1937, vencedor do Xiro Apenino.
1938, vencedor do Xiro de Lombardia e da Copa Bernocchi.
1939, vencedor do Xiro de Campania.
1940, vencedor do Xiro de Piamonte e dos Tres Vales Varesinos.
1942, vencedor do Xiro de Emilia. 1943, vencedor da Milán-San Remo.
XIRO DE ITALIA: 1938, (12º, máis dúas etapas). 1939, (9º, máis unha etapa.
Nunca participou no Tour de Francia nin na Volta a España.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1940, segundo na Coppa Bernocchi e terceiro no Xiro de Lombardia. 1941, segundo no Xiro de Lombardia, segundo no Tour de Veneto e terceiro no Tour du Latium. 1942, terceiro no Xiro dell´Emilia.
EQUIPOS: 1937-1939, Frejus. 1940-1943, Bianchi. 1944, Benotto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario