Mario Cipollini, alcumado “Il Belo”, “O
Rei León”, “Il Ciclone”, naceu en Lucca (Italia), o 22 de marzo de 1967, foi un
soado ciclista italiano, xa retirado, que destacou pola súa habilidade no
sprint. Profesional de 1989 a 2005, durante os cales logrou máis de 180
triunfos, converténdose nun dos ciclistas con maior número de vitorias no seu
palmarés da historia. Sendo as máis importantes: o Campionato do Mundo de 2002
en Zolder e a Milán-San Remo do mesmo ano, un doblete impresionante para un
ciclista que de aquelas xa contaba con 35 anos. Ademais, gañou un bo número de
etapas nas tres grandes, sendo no Xiro de Italia onde conseguiu un total de 43
etapas.
A partir de 2003,
coa chegada de Alessadro Petacchi chégoulle a decadencia ao aparecer esa figura
capaz de ensombrecelo nas chegadas masivas. Pese a todo seguiría competindo ata
o 26 de abril da tempada 2005, día que anuncio por sorpresa a súa retirada
inmediata do ciclismo profesional, a falta de apenas dez días para o comezo do
Xiro de Italia, no que pensaba participar.
Foi todo un ídolo e
tamén unha figura controvertida, criticado a miúdo pola súa falta de
profesionalidad. Destacan feitos como o seu breve paso pola Volta a España de
2003, onde acudiu só para que o seu equipo fose invitado, abandonando trala
primeira etapa ante a estupefacción da organización. Outra curiosidade, dentro
do seu afán de protagonismo foi a afección a utilizar rechamantes traxes de
contrarreloj nas etapas prólogo do Tour de Francia e sobre todo no Xiro de
Italia.
Calquera amante do
ciclismo recoñeceríao a máis de 50 metros de distancia. A súa planta de modelo
de Armani e a súa inconfundible rostro converteron a este sprinter nun sex
symbol a nivel mundial. No pelotón era coñecido polas súas habilidades para
ligar ás azafatas máis atractivas das grandes Voltas e pola súa capacidade para
dar a nota. Un día podía aparecer cun maillot que simulaba a musculatura
humana, como outro exhibindo a unha muller espida no manillar da sua bicicleta.
El era así. Díscolo por natureza, chegando ata a pousar espido para a marca Specialized.
Frases celebres da súa colleita son: “Si non fose ciclista, seria actor porno”
ou “gustaríame morrer nunha orgia”.
En 2008 regresou ao
ciclismo profesional co equipo estadounidense Rock Racing pero a súa aventura
foi curta, pois o 17 de marzo dese mesmo ano anunciou que abandonaba o equipo
e, por segunda vez retírabase do ciclismo.
O 24 de xullo de
2013 o seu nome apareceu no informe publicado polo senado francés como un dos
trinta ciclistas que darían positivo no Tour de 1998 con carácter retrospectivo,
xa que foron analizadas as mostras de ouriña daquel ano cos métodos antidopaxes
actuais.
Na actualidade
alugou unha casa nunha exclusiva urbanización da Zona de Aloha (Marbella),
dedicándose á venda de bicicletas da súa propia marca (Cipollini) e promocionando
a súa marca por pequenos establecementos, sen esquecerse sempre que pode de
frecuentar algúns dos bos restaurantes coñecidos da cidade.
O ex ciclista italiano está encantado na localidade costasoleña, sen abandoar o seu modo de vida espartano malia estar fora do circuíto profesional, adestra a diario e segue unha dieta máis propia dun ciclista en activo.
O máis curioso, é
que todo un latin lover como el non se deixe ver por ningunha das famosas
discotecas da cidade, sorprendendo este feito porque xa fai un tempo que se
divorcio da súa esposa, polo que non tería ningunha atadura para saír de caza
nocturna.
TRIUNFOS: 1989,
vencedor da Firenze, de tres etapas do Xiro de Puglia e dunha etapa do Xiro de
Italia.
1990, vencedor da
Milán-Vignola, de dúas etapas do Xiro de Puglia, de dúas etapas do Xiro de
Italia, dunha etapa da Tirreno-Adriático, dunha etapa nos Tres Días da Panne,
vencedor da Firenze e da Mestre.
1991, vencedor da
Scheldeprijs, da Volta ao Etna, de tres etapas do Xiro de Italia, de dúas etapas
da Estrela de Besseges, de dúas etapas da Semana Siciliana de dúas etapas do
Xiro de Puglia, dunha etapa nos Tres días da Panne, vencedor da Fivizzano e da
Mestre.
1992, vencedor da
Gante-Wevelgem, de catro etapas do Xiro de Italia e a clasificación dos puntos,
tres etapas da Paris-Niza, tres etapas dos Catro Días de Dunkerque, dúas etapas
do Xiro dei Puglia, unha etapas en Étoile de Bességes, unha etapa nos Tres Días
da Panne e vencedor da Lucca.
1993, vencedor do
Memorial Rik Van Steenbergen, da E3-Prijs Harelbeke, da Gante-Wevelgem, de tres
etapas da Paris-Niza, de dúas etapas do Tour do Mediterráneo, dunha etapa do
Tour de Francia, vencedor da Roosendaal e da Lassa Macinala.
1994, vencedor da
Massa Macinal, de dúas etapas do Tour do Mediterráneo, de dúas etapas da
Paris-Niza, dunha etapa da Semana Siciliana e vencedor da Mestre.
1995, vencedor do
Trofeo Luís Puig, do Memorial Carlo-Alassio, de tres etapas do Tour do
Mediterráneo, de tres etapas da Volta a Catalunya, de dúas etapas da Volta á
Comunidade Valenciana, de dúas etapas do Tour de Romandia, de dúas etapas do
Xiro de Italia, de dúas etapas do Tour de Francia e vencedor da Oostvoorne.
1996, Campión de
Italia de fondo en estrada, vencedor da Firenze, de catro etapas do Xiro de
Italia, de tres etapas do Tour de Romandia, de dúas etapas da Volta á
Comunidade Valenciana, de dúas etapas da Volta a Aragón, de dúas etapas da
Volta a Catalunya, dunha etapa do Tour de Romandia e dunha etapa do Tour de
Francia.
1997, vencedor de
cinco etapas do Xiro de Italia, máis a clasificación por puntos, de tres etapas
do Tour de Romandia, de dúas etapas do Tour do Maditerraneo, de dúas etapas da
Volta a Aragón, de dúas etapas do Tour de Francia e vencedor da Firenze.
El ex ciclista italiano Mario Cipollini con un antiguo ciclista, Eduardo Parras. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario