Camille Danguillaume naceu en Chateaulin, Finisterre
(Francia), o 4 de xuño de 1919. Faleceu en Arpajon aos 31 anos o 26 de xuño de
1950 tras oito días de agonía ao ser atropelado por un motorista cando rodaba
escapado no Campionato de Francia de 1950 xunto a Rolland e Bobet.
Foi un ciclista francés dos mellores da súa época e o maior e máis soado da dinastía ciclista dos Danguillaume (André, Roland, Marcel e Jean seguíronlle) e logo Jean-Pierre (fillo de André), Michel (fillo de Roland) e Camille (fillo de Marcel).
Profesional de 1943 a 1950, durante os cales foi compañeiro de equipo de Jean de Gribaldy e de Maurice De Muer.
Francia no seu honor dedícoulle unha Rúa co seu nome, rendéndolle así a homenaxe que se merece.
TRIUNFOS: 1946, vencedor do Critérium Nacional.Foi un ciclista francés dos mellores da súa época e o maior e máis soado da dinastía ciclista dos Danguillaume (André, Roland, Marcel e Jean seguíronlle) e logo Jean-Pierre (fillo de André), Michel (fillo de Roland) e Camille (fillo de Marcel).
Profesional de 1943 a 1950, durante os cales foi compañeiro de equipo de Jean de Gribaldy e de Maurice De Muer.
Francia no seu honor dedícoulle unha Rúa co seu nome, rendéndolle así a homenaxe que se merece.
1948, vencedor do Critérium Nacional.
1949, vencedor da Lieja- Bastogne-Lieja, da Zurich-Lausanne, da Copa Marcel Vergeat e da Nantes-Angers-Nantes.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: Participo nas edicións de 1947-48 e 49, retirándose en todas elas.
Outros resultados dignos de mención: 1943, terceiro na París-Cammenbert, segundo París-Reims e sexto na París-Roubaix.
1946, quinto na París-Roubaix.
1949, segundo no Gran Premio de Zurich e segundo no Campionato de Francia de fondo en estrada.
EQUIPOS: 1942-1950 Peugeot-Dunlop.

Ningún comentario:
Publicar un comentario