Rudy Dhaenens naceu en Deine (Bélxica), o 10 de
abril de 1961.
A consecuencia dun accidente de coche en 1998, catro días antes de cumprir 37 anos falecía na localidade de Aalst cando se dirixía a comentar o Tour de Flandes para Eurosport.
Este ciclista belga, coñecido pola súa actitude tranquila e reservada foi un corredor completo, destacando principalmente en competicións dun día, rápido nas chegadas, aínda que non puido considerarse un súper especialista do sprint. A súa asombrosa forza no tramo final das etapas leváronlle a un primeiro plano, pois non está ao alcance de calquera impoñerse nun Campionato do Mundo como el o fíxo no duro circuíto de Utsonomiya (Japon) en 1990.
Profesional de 1983 a 1992 durante os cales obtivo bos resultados en Clásicas de renombre como a Paris-Roubaix que en 1985 foi 5º, en 1986 2º e en 1987 terminou 3º, igualmente foi terceiro na Gante-Wevelgem de 1985, cuarto na Het Volt de 1988, segundo no Tour de Flandes e cuarto na Lieja-Bastogne-Lieja de 1990.
Ao término da tempada de 1992 viuse obrigado a retirarse do ciclismo profesional debido a problemas cardiacos.
Ao ano seguinte da súa morte e no seu honor creouse o Gran Premio Rudy Dhaenens, que se disputa anualmente en Nevele, Flandes Oriental.
TRIUNFOS: 1984, vencedor do Gran Premio de Eeklo.
1985, vencedor do Gran Premio de Meulebeke e do Gran Premio de Overijse.
1986, vencedor do Gran Premio de Meulebeke e do Gran Premio de Quillan..
1990, Campión do Mundo de fondo en estrada.
Ademais de etapas do Tour de Francia, da Volta a Luxemburgo e da Volta a Asturias.
XIRO DE ITALIA: Participa únicamente en lle edición de 1988 tendo que abandonar antes de finalizar a carreira.
TOUR DE FRANCIA: 1983 e 1984 retírase antes de finalizar, 1985 (101º), 1986 (122º, máis unha etapa), 1987, 1988 e 1989 retírase antes do final e 1990 (43º).
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1984. Terceiro na Volta a Luxemburgo, 1985, terceiro no Campionato de Bélxica de fondo en estrada e terceiro na Gante-Wevelgen, 1986, vencedor dunha etapa do Tour de Luxemburgo e segundo na Paris-Roubaix e en 1990, vencedor dunha etapa da Volta a Asturias e segundo na Copa do Mundo.
EQUIPOS: 1983 Euroshop-Splendor. 1984 Splendor-Marc. 1985 Hitachi-Splendor. 1986-1987 Hitachi. 1988-1990 PDM e 1991-1992 Panasonic.

Ningún comentario:
Publicar un comentario