xoves, 16 de abril de 2015

JEAN-PIERRE DANGUILLAUME

Jean-Pierre Danguillaume, naceu en Jové lles Tours, Indre e Loira (Francia), o 25 de Maio de 1946.
Foi un ciclista francés, ofensivo e moi voluntarioso, especialista en carreiras por etapas. Logo director deportivo do Mercier-BP de 1979 a 1981, do Coop-Mercier de 1982 a 1983 e en 1984 dirixiu ao Coop- Hooved, pasando logo a relacións públicas.
Como afeccionado foi o último vencedor francés da Carreira da Paz. Tamén competiu na contrarreloxo por equipos nos Xogos Olímpicos do verán de 1968.
Profesional de 1970 a 1978 durante os cales gañou 68 carreiras.
O seu irmán Jean-Louis Danguillaume e o seu tío Camille Danguillaume, falecido en accidente en 1950 tamén foron ciclistas profesionais.
En 1974 sometido a unha proba antidopaxe deu positivo por consumo de anfetaminas. Ese ano gañara en solitario esgotado e sen alento a 17ª etapa do Tour de Francia, unha etapa de alta montaña entre Saint-Lary-Soulan e o Tourmalet cuberto dunha espesa néboa. A máis de dous minutos chegaba Raymond Poulidor, logo entrarían Alain Santi, Wladimiro Panizza e o entón Maillot amarelo Lucien Van Impe. Tres minutos despois entraba Eddy Merckx e o español Lopez Carril corredor do Kas.

TRIUNFOS: 1971 vencedor do G. P. Plouay.
1972 vencedor do G. P. Roquebrune.
1973 vencedor do Criterium Nacional e dunha etapa da Midi-Libre.
1974 vencedor da Midi Libre e do Trofeo Escaladores.
1975 vencedor do G. P. Cannes, dunha etapa da Midi Libre, dunha etapa dos Catro Días de Dunkerque, dunha etapa do Tour do Mediterráneo, dunha etapa da Volta a Bélxica e da París-Bourges.
1976 vencedor dunha etapa do Tour de Corse e dunha etapa da París-Niza.
1977 vencedor dunha etapa da Dauphiné Liberei, de dúas etapas do Tour d´Indre, dunha etapas dos Catro Días de Dunkerque, dunha etapa do Tour de Limousin e do Tour de l´Aude.

Nunca participou no Xiro de Italia. 
TOUR DE FRANCIA: 1970 (64º, máis unha etapa), 1971 (18º, máis unha etapa), 1972 (21º), 1973 (22º, máis unha etapa), 1974 (13º, mais dúas etapas), 1975 retírase, 1976 (22º), 1977 (35º, máis dúas etapas) e en 1978 retírase.
VOLTA A ESPAÑA: 1971 (31º) e 1974 (7º).
Outros resultados dignos de mención: 1975 terceiro no Campionato do Mundo de fondo en estrada.
EQUIPOS: 1970-1975 Peugeot-BP-Michelin. 1976-1978 Peugeot-Esso-Michelin.

Ningún comentario:

Publicar un comentario