xoves, 4 de xuño de 2015

ARTHUR DE CABOOTER

 Arthur de Cabooter alcumado o “Touro”, naceu en Welden, Flandes Oriental (Bélxica), o 3 de outubro de 1936. Faleceu aos 75 anos o 26 de maio de 2012.
Foi un ciclista profesional belga moi potente e temido rodador-velocista. Cuñado de Walter Godefroot, tamén ciclista profesional.
Profesional de 1958 a 1967, durante os cales os seus maiores éxitos deportivos obtívoos na Volta a España onde logru tres victorias de etapa, e no Tour de Flandes onde conseguiría a victoria en 1960.
TRIUNFOS: 1958 vencedor da Nokere Koerse.
1959 vencedor do Gran premio de Vila Zottegem e do Circuito de Houtland.
1960 vencedor do Tour de Flandes, dunha etapa da Volta a Bélxica, da Escout-Dendre-Lys e vencedor da Traves de Flandes.
1961 vencedor da Omloop Het Volk, do G. P. Denain, do Gran Premio Briek Schotte, dunha etapa da Volta a Bélxica e do G. P. E-3.
1963 vencedor das Tres Provincias e do Circuito Vale Lys.
1964 vencedor da Kuurne-Brxelas-Kuurne e do Circuito Houtland.
1965 vencedor da Nokere Koerse.
1966 vencedor da Once Vilas.
1967 vencedor do Circuíto Rexións Flamencas, de dúas etapas da Volta a Andalucía, dunha etapa dos Catro Días de Dunkerque e da Roubaix-Cassel-Roubaix.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: Participou nas edicións de 1962, 1963 e 1964, non finalizando ningunha delas.
VOLTA A ESPAÑA: 1960 (10º, máis dúas etapas e a Clasificación por puntos. 1961 antes de retirarse gaña unha etapa. 1964 (16º).
Outros resultados dignos de mención: 1960 terceiro no Campionato de Bélgica de fondo en estrada. 1965 terceiro no Campionato de Bélgica de fondo en estrada.
EQUIPOS: 1957-1961 Groene Leeuw. 1962 Liberia-Grammont-Wolber. 1963 Só-Terrot. 1964 Só-Superia. 1965 Wiels-Groene-Leeuw. 1966 Wiels-Gancia-Groene. 1967 Leeuw-Groene-Tibetana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario