xoves, 18 de febreiro de 2016

GILBERT DESMET

Gilbert Desmet naceu en Roeselare, Flandes Occidental (Bélxica), o 3 de febreiro de 1931.
Foi un ciclista belga de pequena complexión, pero voluntarioso e hábil, versátil que sobresaíu especialmente nas carreiras por etapas. Bo rodador e bastante rápido.
Profesional de 1952 a 1967, durante os cales logrou 100 vitorias entre as que destacan unha vitoria na Volta a España e senllas vitorias na Frecha Valona e na París-Tours.
TRIUNFOS: 1952, vencedor do Circuíto do Porto de Dunkerque, da Vichte, da Staden e da Ruisdele.
1953, vencedor da Boom.
1954, vencedor da Ambres-Herselt, da Zottegem, da Welle e da Renaix.
1955, vencedor da Vichte, da Moorsele, da Chéiraa, da Kortrijk, da Desselgem, da Hamme e da Houhuslt.
1956, vencedor do Trofeo Tres Países, máis unha etapa, vencedor da Malines, do Criterium de Beernem e do Circuíto Flandes Oriental.
1957, vencedor das Tres Cidades Irmás, do circuíto das Regions Frontereres, da Geraarsbergen-Anzegem, do Critérium d´Avelgem, do Critérium de Château-Chinon, do Saint-Adries, da Lichtervelde, da Korttijk, do Critérium de Beernem e do Circuíto de Houtland.
1958, vencedor da París-Tours, da Kuurne-Bruxelas-Kuurne, do Critérium de Beernem, da Lichtervelde, do Critérium de Zingem, do Premio d´Handzame, do Critérium d´Eeklo, da Roulers, do Eke  e dunha etapa da Volta a España.
1959, vencedor do Cinco Outeiros, da Mortsel, da Diksmuide, da Gistel, da Zede, da Kortrijk, da Desselgem, da Meulebeke, da Langemark, da Zwevegem, da Ronse, da Westrozebeke, da Heusden e da Herenthout.
1960, vencedor da Xénova-Roma, máis unha etapa, vencedor dunha etapa da París-Niza, do Premio de Desselgem, do Critérium de Ronse, da Bellegem, da Zele, da Nokere, da Buggenhout, da Kortemark, da Handzame e do Campionato de Flandes.
1961, vencedor do G. P. Prato, dunha etapa do Xiro de Sardeña, da Bellegem, da Roeselare, da Alsemberg, da Ede, da Assebroek, da Koersel e da Milán-Vignola.
1962, vencedor da Frecha Costeira, da De Kustpijl Heist, dunha etapa da Volta a Suíza, do Critérium de Riom, do Critérium de Vailly-sur-Sauldre, do Critérium de Brioude, do Critérium de Saint-George-de-Chesné e das Tres Provincias.
1963, vencedor de dúas etapas nos Catro Días de Dunkerque, do Critérium de Brioude, da Desselgem, do Critérium de Woluwe, do Critérium de Mons, do Critérium de Tro-Ker a Guerlesquin e do Critérium de De Panne.
1964, vencedor dos Catro Días de Dunkerque, dunha etapa no Tour de Luxemburgo, do Critérium de Pommeroeul, do Critérium de Boulogne e da Frecha Valona.
1965, vencedor dunha etapa na Dauphiné Libéré, do Premio de Lichtervelde e do Circuíto de Houtland.
1966, vencedor do G. P. Orchies, do Zonnebeke e da Kortemark.
XIRO DE ITALIA: 1960 (abandonou).
TOUR DE FRANCIA: 1956 (21º, e levando a camisola amarela de líder  da clasificación xeral durante dúas etapas), 1958 (abandonou na 2ª etapa), 1962 (4º), 1963 (abandonou na 17ª etapa, levando a camisola amarela de líder da clasificación xeral durante 10 etapas), 1964 (8º), 1965 (16º).
VOLTA A ESPAÑA: 1958 (12º, máis unha etapa).
Outros resultados dignos de mención: 1956, segundo nos Catro Días de Dunkerque. 1959, terceiro no Tour de Flandes. 1960, segundo no GP de Lugano. 1961, segundo na París- Tours e segundo no GP da Nacións. 1965, segundo na clasificación xeral da Volta a Bélxica.
EQUIPOS: 1952-1955 Groene Leew-Huret. 1956 Bertin-D´Allessandro. 1957-1958 Faema-Guerra. 1959 Faema-Guerra i Carpano. 1960-1962 Carpano. 1963-1965 Wiel´s-Groene Leeuw. 1966-1967 Romeo-Smih´s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario