xoves, 4 de febreiro de 2016

JOSEPH DESCHOENMAECKER

Joseph Deschoenmaecker naceu en Mechelen, Anveres (Bélxica), o 2 de outubro de 1947.
Foi un ciclista belga moi bo rodador e escalador, especialista en carreiras por etapas e un dos mellores gregarios de Eddy Merckx das tempadas 1971 a 1978. Gañou unha etapa do Tour de Francia de 1980 diante do finado Alberto Fernández, na que este fallou lamentablemente.
Profesional de 1969 a 1982.
TRIUNFOS: 1969, vencedor da sétima etapa da Volta a Bélxica.
1972, vencedor formando parte do equipo Molteni que venceron na contrarreloxo da terceira etapa do Tour de Francia.
 1973, vencedor da cuarta etapa da Volta a España e da sexta, formando parte do equipo Molteni vencedor da contrarreloxo.
1974, vencedor da Escalada a Montjuic.
1976, vencedor da Frecha Rebecquoise.
1980, vencedor da 16ª etapa do Tour de Francia.
XIRO DE ITALIA: 1972 (26º), 191973 (28º), 1974 (37º), 1976 (29º).
TOUR DE FRANCIA: 1970 (57º), 1972 (22º), 1974 (45º), 1975 (17º), 1977 (29º), 1978 (20º), 1979 (21º), 1980 (66º, máis unha etapa), 1981 (67º) e en 1982 abandonou na terceira etapa.
VOLTA A ESPAÑA: 1973, antes de abandoar a carreira gaña unha etapa.
Outros resultados dignos de mención: 1969, terceiro no GP de Isbergues. 1970, segundo na Bruxelas-Ingooigem. 1971, segundo no Gran Premio de Frácfort.  1980, segundo no Gran Premio E5.
EQUIPOS: 1969-1970, Mann-Grundig. 1971-1976, Molteni. 1977, Fiat Francia. 1978, C&A. 1979, Flandria-Ca-Vai-Só Sunair. 1980, Marc-Carlos-VRD. 1981-1982 Vermeer Thijs.

Ningún comentario:

Publicar un comentario